O número medio de parados galegos aumentou en 184.000 desde o inicio da crise
A media de desempregados en Galicia case se triplicou desde 2007 e a taxa actual é case 15 puntos superior á de hai seis anos; do 7,6% ao 22%.
A media de desempregados en Galicia case se triplicou desde 2007 e a taxa actual é case 15 puntos superior á de hai seis anos; do 7,6% ao 22%.
BNG e AGE critican con dureza o proxecto co que a Xunta prevé beneficiar a 95.000 mozos, que ten unha dotación de 100 millóns e que fomenta contratos de formación dual ou en prácticas pouco remunerados.
A Asociación Empresarial Eólica destaca que a pesar das restricións introducidas polo Goberno, en xaneiro o vento produciu o 30% da enerxía xerada en España e que existe unha correlación inversa entre a produción eólica e o prezo do mercado diario. Anuncian accións legais contra o Executivo de Rajoy.
Investigadores, comuneiros e outras entidades e colectivos promoven unha xestión do monte sustentable e baseada en múltiples usos máis aló da produción de madeira, que os converta ademais en xeradores de riqueza.
O PRD leva ante a Procuraduría General a empresa estatal pola adxudicación dos buques aos estaleiros galegos, que considera "un acto ilegal e arbitrario". "A compañía actúa como xuíz e parte nas licitacións", advirte.
A iniciativa, que botou a andar en novembro, atrae empresas de toda Galicia e mesmo de fóra de España. O alcalde, Rafael Rodríguez, destaca que este éxito demostra que a administración pública "pode xestionar unha iniciativa deste tipo con condicións moito máis vantaxosas que un promotor privado".
Alcor Seguridad reduciu os salarios "amparándose na reforma laboral" e o organismo provincial considera que a empresa incumpriu as condicións laborais dos seus propios traballadores e "infrinxiu o contrato" coa Deputación.