Que facemos coas vivendas baleiras?
O 20% dos inmobles do país non teñen habitantes mentres no Parlamento a maioría popular bota abaixo iniciativas para penalizar o "desuso" de pisos e casas.
O 20% dos inmobles do país non teñen habitantes mentres no Parlamento a maioría popular bota abaixo iniciativas para penalizar o "desuso" de pisos e casas.
A apertura do proceso acentúa as diferenzas entre a oposición e a dereita mentres a patronal xa non exixe manter o centro de decisión en Galicia e o BNG ameaza con impulsar "unha retirada masiva de fondos" para "dificultar o negocio" dos grandes bancos interesados.
A empresa estatal asegura que segue "a traballar" para contruír os gaseiros de Repsol e Gas Natural que os armadores xa confirmaron que se realizarían en Asia. Este novo golpe, unido ao dos floteis ou o dique flotante, prevé endurecer a resposta dos traballadores.
O Goberno galego admite que a Rede Pexga, auspiciada pola CEG, foi dotada cun orzamento de máis de 16 millóns só para as súas delegacións no estranxeiro. A oposición cuestiona a transparencia desta achega económica e censura que Feijóo apele á "austeridade" malia impulsar este proxecto.
O PSdeG acusou a Mato de desviar 16 millóns dos fondos que destinaba o Estado para formación e que se financian coas cotas á Seguridade Social por formación profesional. A Conselleira negouno.
Dende 2007 volatilizáronse 250.000 millóns de euros entre perdas e activos tóxicos na economía. O Estado dá por perdidos 36.000 millóns de euros, unha cuarta parte no buraco de Bankia. A nacionalización de Novagalicia Banco supuxo 5.425 millóns.
Os traballadores e traballadoras de Albada rematan a súa protesta na planta de tratamento de lixo de Nostián tras 108 días de mobilización e despois de conseguir un novo convenio e a readmisión das persoas que foran despedidas
O 29 de novembro está convocada unha vixilia que abrirá unha campaña que co lema Ferrolterra esixe solucións busca implicar todos os sectores sociais e económicos na reivindicación de medidas.
Os traballadores piden por escrito unha reunión urxente co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, ao tempo que denuncian a inacción do Goberno galego. A oposición critica o "ERE fraudulento" e pide investigar o destino dos 65 millóns de euros en subvencións recibidos pola empresa.
Amoeiro lanza o primeiro polígono virtual de Galicia, no que lles ofrece asesoramento fiscal, laboral e contable de balde aos empendedores, que posteriormente situarán o domicilio fiscal das súas empresas no concello, beneficiándose de máis servizos. Xa conta con 30 empresas e esperan chegar ás 100 antes de final de ano.
A concesionaria dos treitos Vigo-Baiona e A Coruña-Carballo ofrece descontos nas peaxes automáticas. UGT ve nesta e noutras medidas un intento de desfacerse do seu persoal e reducir custes.