Economía
A reforma laboral fai dous anos tras destruír 1.130 traballos máis cada día
O decreto-lei de febreiro de 2011 foi o punto de partida dun intenso "programa de regresión de dereitos" que analiza un informe da Fundación 1º de Maio que debulla a perda masiva de emprego e a precariedade laboral. Destrúense 1.918 empregos ao día fronte aos 788 de hai dos anos.
Un novo recorte no eólico sitúa no abismo o sector en Galicia
O novo sistema do Goberno central deixa sen primas máis da metade dos parques galegos e ao 37% do conxunto do Estado. A patronal xa advirte de novos despidos e da fuxida de empresas nun sector duramente golpeado en Galicia nos últimos anos.
A Eurocámara recoñece que a PAC prexudica o modelo do agro galego
Un informe da Comisión de Agricultura asume que as pequenas explotacións non reciben un trato xusto no deseño da Política Agraria Común, coincide coas reivindicacións dos sindicatos agrarios e pide "que se teñan en conta as características de cada país e rexión".
O paro rexistrado volve subir en Galicia máis que a media do Estado
O número de desempregados medrou en máis de 10.000 persoas en xaneiro, mes no que o país perdeu máis de 13.000 afiliados á Seguridade Social.
O 'antes e despois' do boom inmobiliario
A web Nación Rotonda amosa con imaxes de satélite dun mesmo lugar, actuais e correspondentes a hai uns anos, o impacto provocado na paisaxe polo crecemento urbanístico e algunhas grandes infraestruturas.
Dous floteis
Carme Adán
Amancio Ortega aumenta 3.300 millóns o seu patrimonio en bolsa en 2013
A forte revalorización de Inditex no pasado ano permítelle elevar a súa fortuna en máis de 3.000 millóns, case a metade do incremento total das fortunas dos ricos españois e que foi de 7.000 millóns.
Que facer co monte?
Medio cento de expertos elaboraron ao longo do pasado ano un informe de propostas de actuación no sector forestal galego, para evitar o abandono do monte e incrementar o seu rendenmento económico, loitando ao tempo contra o lume. Falamos cun dos coordinadores do proxecto, Alberte Piñeiro, xefe do Distrito Forestal IV-Barbanza.
Froita, verdura e leite, os produtos ecolóxicos preferidos en Galicia
Un estudo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (C.R.A.E.GA) destaca que un 92% das e dos consumidores coñecen estes alimentos, e escóllenos "por saúde, para evitar os pesticidas e polo seu sabor" e "unha vez que os proban son fieis na súa compra".
Unha cuarta parte do PIB galego é economía mergullada
O país supera a media estatal de cartos alleos ás canles legais, con Lugo á cabeza dende o inicio da crise. Os técnicos de Facenda alertan das graves consecuencias a longo prazo deste fenómeno, que analizan como "un problema moral" da sociedade.
Menos do prometido para Galicia, máis do esperado para Pemex
Navantia construirá finalmente un flotel para a factoría mexicana, que encarga outro e cinco buques máis en Barreras, estaleiro que controla por 5,1 millóns de euros. É o resultado daquel acordo estratéxico no que Feijóo prometera a construción de 40 barcos.