Economía
Novagalicia Banco entra en perdas e ser poxada xa é a súa primeira opción
A entidade que preside José María Castellano e que o Estado controla en máis dun 90% perde 168,7 millóns, non pagará os intereses das participacións preferentes e as súas perspectivas de "continuar en solitario" escurecen aínda máis
A protesta contra a "estafa" das preferentes das caixas, no interior da CRTVG
Os afectados polo 'corralito' das antigas caixas galegas trasladan á sede dos medios públicos galegos a esixencia de devolución dos seus cartos, que antes manifestaran polas rúas de Santiago. Vídeo no interior.
O Goberno anuncia unha amnistía fiscal que para Rajoy era "unha ocorrencia" hai dous anos
O Executivo sobe impostos por 12.300 millóns e aplica o maior axuste da democracia, de 27.300 millóns de euros. Montoro anuncia unha "regularización da fraude" que consiste en legalizar as rendas non declaradas pagando unha taxa do 10% e evitando calquera tipo de sanción. En 2010, os populares consideraban esta amnistía "unha ocorrencia impresentable".
Galicia liderou o desencanto contra a reforma laboral
As cidades galegas enchéronse de xente o 29-M. Atendendo aos datos facilitados polos sindicatos e as policías locais, o número de manifestantes en Vigo e A Coruña foi o maior do Estado en termos porcentuais, xa que tres de cada dez habitantes terían asistido ás marchas das principais centrais.
Marea galega en defensa do traballo digno
Os sindicatos falan de mobilizacións "históricas", con centos de milleiros de galegos e galegas nas rúas. Vigo viviu as marchas máis numerosas, con 200 mil manifestantes, segundo os sindicatos, cifra que a policía rebaixa a 105 mil en total. Pero tamén A Coruña tivo unha participación masiva, máis de cen mil persoas segundo os sindicatos, un éxito mesmo recoñecido polo Concello, que contabilizou 60 mil. E de igual xeito en Ferrol (50 mil), Compostela (40 mil), Pontevedra (25 mil), Ourense (15 mil) ou Lugo (15 mil), segundo as centrais convocantes. Máis aló da guerra de cifras, a participación rebordou as expectativas e foi moi superior á rexistrada nas mobilizacións laborais da última década. Nas rúas e prazas houbo ambiente de festa e de primavera das persoas.
Os sindicatos eloxian o "apoio masivo" dos galegos á folga xeral
As centrais galegas destacan o "rotundo éxito" do paro e das manifestacións en Galicia, advirten que continuarán coas protestas e reparan no alto nivel de mobilización do país en comparación con outras comunidades autónomas. Falamos con Suso Seixo (CIG), José Manuel Sánchez Aguión (CC.OO.), José Antonio Gómez (UGT) e Ricardo Castro (CUT).
Históricas manifestacións contra a reforma laboral
Os sindicatos falan de mobilizacións "históricas", con centos de milleiros de galegos e galegas nas rúas. Vigo viviu as marchas máis numerosas, con 200 mil manifestantes, segundo os sindicatos, cifra que a policía rebaixa a 105 mil en total. Pero tamén A Coruña tivo unha participación masiva, máis de cen mil persoas segundo os sindicatos, un éxito mesmo recoñecido polo Concello, que contabilizou 60 mil. E de igual xeito en Ferrol (50 mil), Compostela (40 mil), Pontevedra (25 mil), Ourense (15 mil) ou Lugo (15 mil), segundo as centrais convocantes. Máis aló da guerra de cifras, a participación rebordou as expectativas e foi moi superior á rexistrada nas mobilizacións laborais da última década. Nas rúas e prazas houbo ambiente de festa e de primavera das persoas. Galería de imaxes no interior.
Folga Xeral, pero tamén de consumo
Daniel García
Todxs á folga xeral!
Jorge M. de la Calle
O descenso do consumo eléctrico é maior que nas folgas de 2002 e 2010
Ás nove da mañá a demanda era de 25.531 megavatios, un 24,8% inferior ao do xoves pasado a esta hora (33.950). A demanda de enerxía é lixeiramente superior ao dun domingo. O grupo Economistas fronte á Crise difundiu un estudo sobre consumo de electricidade debida á actividade produtiva que afirma que até as catro da tarde esa demanda diminuíra nun 87,8%, superior mesmo ao da folga de 2002 e moi por riba do paro de 2010.
Revista de Prensa. Para Le Monde: "España convértese na gran preocupación de Europa"
El Periódico de Catalunya leva un editorial á súa portada titulado Xusta, sexa útil ou non, mentres que todas as cabeceiras inciden na situación crítica da economía española e os xornais de dereitas cargan contra os sindicatos. A prensa internacional tamén dedica amplos espazos á convocatoria de folga, e salienta os graves problemas da economía española e batalla polo sostemento do Estado do Benestar.