Os sindicatos cifran nun 90% o seguimento da folga xeral, o Goberno rebaixa os datos
"Apoio masivo" e "éxito" son as primeiras valoracións das centrais, que se congratulan pola participación unánime dos traballadores da gran industria do país, dos portos e lonxas e mais do transporte, así coma do ensino, e sitúan o seguimento global nun 90%. No conxunto do Estado, os sindicatos cifran nun 85% o seguimento do paro. O Goberno non ofreceu datos, pero cualifica o seguemento do paro de "baixo" e inferior ao da folga xeral de 2010, aínda que a propia CEOE recoñece un "alto seguimento" na industria, no norte de España e nas grandes cidades. A Xunta fala dun 35% na administración autonómica (por un 90% dos sindicatos). O consumo eléctrico é máis dun vinte por cento inferior ao do pasado xoves e semellante ao dun domingo.