
AGE: “Os cidadáns precisan ver a Méndez no banco dos acusados"
Martiño Noriega, Yolanda Díaz e Xosé Manuel Beiras participaron no acto de Alternativa Galega de Esquerdas en Teo. Beiras afirmou que "non se pode traizoar ao pobo sen que haxa consecuencias" e engadiu que “hoxe o partido popular soamente pode facer actos de campaña con seguridade e a porta pechada. O pobo non é imbecil”.