
As eleccións, nunha soa ollada
O xornalista galego Carlos Alonso publica no seu blog Astillero.org unha serie de análises dos comicios do 21-O a través de ferramentas de visualización de datos.
O xornalista galego Carlos Alonso publica no seu blog Astillero.org unha serie de análises dos comicios do 21-O a través de ferramentas de visualización de datos.
Os antidisturbios cargaron contra os 300 traballadores concentrados coincidindo coa pegada de carteis dos partidos. O secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, sufriu feridas na carga policial e foi detido.
Suso de Toro analiza as eleccións do 21-0: "Crece en todo o Estado a animadversión ao Goberno, tan autoritario que é incapaz de buscar aliados. Rajoy necesita desesperadamente non perder o poder en Galicia e o paradoxo é que para que Rajoy o conserve o candidato Feijóo nestas eleccións ten que parecer distante de Rajoy". E sinala que a favor de Feijóo "xoga o ter unha blindaxe informativa enorme, conta coa televisión estatal, que agora controla o seu partido, coa autonómica e co apoio incondicional da maior parte da prensa local, especialmente na provincia coruñesa".
PPdeG, PSdeG, BNG, AGE e CxG celebraron os seus primeiros actos pedindo o voto para o 21-O. Feijoo promete que na vindeira lexislatura Galicia pasará "dos axustes ao crecemento". Mentres, Pachi Vázquez, Jorquera, Beiras e Bascuas chaman por un cambio na Xunta con críticas aos recortes.
Unhas 50.000 persoas, segundo a central nacionalista, maniféstanse en diversas localidades de Galicia contra os recortes e a poucas horas do inicio da campaña electoral. Suso Seixo proporá ao resto de sindicatos unha folga xeral para o 14 de novembro.
O Goberno galego inza a súa xuntanza de informes sen valor xurídico e o presidente emprégaos para salientar fitos como que o país sexa "unha Galicia libre e unha Galicia bilingüe"
O candidato do PSdeG, Pachi Vázquez, subliña que el se desprazou de Bos Aires a Montevideo "en clase turista" e amósase convencido de que o aspirante á reelección "aclarará" por que empregou a aeronave Paxariño Novo, do millonario López Carballedo
O coordinador federal de IU dá o seu apoio a Alternativa Galega, acusa a Feijóo de ser "corresponsable" dos recortes e axustes do Goberno central e cre que "o principio do cambio" no Estado "pode empezar" coas eleccións galegas. "Ao día seguinte non valerá de nada chorar", asegura.
O candidato do BNG á Presidencia da Xunta ve as eleccións do 21 de outubro "totalmente abertas", "o PP non as ten todas consigo e por iso recorre á guerra sucia", asegura
O PP presenta o seu cartel electoral sen o logotipo do partido e despois esfórzase en aclarar nas redes sociais que non prescindirán del. Xuventudes Socialistas acusa os conservadores de volver transgredir a Lei Electoral, desta volta pedindo o voto antes de tempo en Lugo.