A Xunta enléase coa promesa de Feijóo de “blindar” o dereito dos castelanfalantes
O propio goberno galego resta importancia aos cambios anunciados con solemnidade polo presidente a dez días do 25-S, no que o PP teme perder a súa maioría absoluta a mans de Ciudadanos e as súas promesas contra a normalización lingüística.