Galegas 2016
Villares garante a investigación de Angrois e reactivar a das caixas se muda o goberno
O candidato de En Marea comparte mitin en Pontevedra con Íñigo Errejón, quen augura que se hai cambio de goberno en Galicia, "botádesnos unha man para botar a Rajoy"
Sánchez e Feijóo simultanean mitins a cen metros con apelacións a Rita (a Santa e Barberá)
En Vilagarcía de Arousa os socialistas lembran os casos de corrupción dos populares e estes aseguran que aos seus contrincantes só lles queda encomendarse á patroa da vila e dos imposibles
Pontón acusa a Feijóo de "competir con Ciudadanos en aplicar a normativa máis antigalega"
A candidata á presidencia da Xunta polo BNG avoga por garantir o dereito ao ensino en galego e derrogar a "normativa antigalega do PP" nun acto sobre lingua na Coruña.
A esquerda evidencia noutro debate a sintonía para conformar "un goberno alternativo”
As forzas progresistas amosan a súa coincidencia nas propostas para "desfacer" os recortes do PP e "rescatar" o Estado de Benestar no debate de Radio Coruña. "En Marea, PSdeG e BNG coincidimos en moitas políticas; vexo aquí as bases dun goberno alternativo ao da corrupción", di Lago.
As últimas enquisas deixan o PP entre unha absoluta intacta e o limiar da perda do goberno
Os inquéritos auguran un PP instalado na absoluta e unha intensa pugna entre En Marea e PSdeG, mentres discrepan con amplitude na representación do BNG
Abel Losada: "Aspiro a desenvolver un proxecto que garanta unha sociedade máis xusta e máis equilibrada"
Coñecemos o número 1 do PSdeG pola provincia de Pontevedra
Ciudadanos insiste: “Baltar terá que marchar se Feijóo quere o noso apoio”
Girauta amósase esixente co PP nun acto no que Rivera asegura que se o seu partido é “decisivo”, “en menos dun mes haberá goberno en Galicia” do PP apoiado por Ciudadanos.
Leiceaga advirte do "nerviosismo" de Feijóo e do PP: "Non lles saen as contas"
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta chama á mobilización e avisa de que a dereita "non pode controlar o voto" malia "controlar a Xunta, os medios institucionais e os medios públicos para marcar a axenda política da campaña"
O BNG promete "non dar nin un só contrato a empresas que discriminen as mulleres"
Ana Pontón advirte que "a desigualdade tamén está neses caciques que pensan que teñen dereito de pernada, como Baltar".
En Marea apela á mobilización para evitar “o lamento do día despois” das eleccións
Os alcaldes das mareas e mais a barcelonesa Ada Colau avalan a Luís Villares no inicio do treito urbano da campaña, que a formación valora como transcendental para o resultado do 25S
Feijóo preséntase como un “axitador social” que denunciou a crise que negaba Zapatero
Os principais contrincantes do candidato do PP “proceden do nacionalismo, polo tanto do século XIX”, di o presidente castelán e leonés, Juan Vicente Herrera, co que compartiu mitin en Xinzo logo dun paseo electoral por Allariz.