
O PP recicla o anuncio do AVE a Lugo seis anos despois de prometer facelo "con cartos da Xunta"
O 10 de xaneiro de 2009 Feijóo anunciou que a Xunta financiaría a liña de AVE Ourense-Lugo, agora afirma que Rajoy a garantirá na vindeira lexislatura estatal. Besteiro esíxelle "decencia" e censura que prometa "facer o que non fixo en catro anos".