España retírase de Afganistán e conclúe a evacuación de colaboradores e as súas familias. O persoal diplomático e militar xa se atopa en Dubai.
Fálase
A Xunta presenta un recurso contra o auto do TSXG que invalidou o certificado COVID para acceder ao interior dos locais de hostalaría. O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, salienta que a esixencia do certificado COVID era unha "petición dos propios hosteleiros"
O Goberno central prepara os trámites para subir xa o salario mínimo. O Ministerio de Traballo convoca os axentes sociais para debater un incremento desde setembro.
Extinguido o incendio rexistrado en Ponteceso logo de queimar 118 hectáreas na parroquia de Niñóns, 47 delas arboradas e 71 rasas.
Goberno central e autonomías acordan manter as medidas pactadas en maio para o vindeiro curso escolar: presencialidade, máscara a partir de 6 anos e distancia de ata 1,2 metros. A Xunta lamenta que o Ministerio non cree un fondo específico para afrontar os sobrecustos da pandemia.
Máis de 200 veciños e veciñas maniféstanse en Zas contra o peche da oficina de Abanca. A acción, apoiada polo goberno municipal, únese ás que realizan conxuntamente este Concello e mais os de Vimianzo e A Baña, onde o banco anunciou tamén o peche de sucursais. Desde 2008, Galicia perdeu máis da metade das súas oficinas bancarias.
A deputación permanente do Parlamento rexeita, cos votos do PP, a comparecencia de Feijóo pola anulación xudicial da esixencia de certificado COVID na hostalaría, tal e como pedía a oposición.
Competencia detecta que algunhas eléctricas cobran máis do debido pola luz coa nova tarifa por horas. A CNMC advirte que varias comercializadoras facturaron un 30% máis caro o término de enerxía.
Un incendio en Ponteceso queimou xa 90 hectáreas. O lume, na parroquia de Niñóns, quedou estabilizado na mañá deste martes. Imaxe: Exército do Aire.
Dende hai unha semana un exemplar de lobo mariño cincento atópase nas costas da Ría de Vigo, despois de percorrer o litoral galego durante o último ano. Esta femia foi nomeada como Doqui e alterna tempadas en mar aberto sen ser localizada con visitas á costa onde adoita saír descansar e durmir nas rochas. Cemma recomenda "deixala o máis tranquila posible" e avisar a 112 ou ao teléfono de coordinación da Rede de Varamentos (686989008), despois de que nos últimos días se observase acoso de bañistas, xente que lle quería dar de comer, botarlle auga e mesmo expulsala dalgún areal