Competencia detecta que algunhas eléctricas cobran máis do debido pola luz coa nova tarifa por horas. A CNMC advirte que varias comercializadoras facturaron un 30% máis caro o término de enerxía.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/facturina-1cc01ec.jpeg)
Competencia detecta que algunhas eléctricas cobran máis do debido pola luz coa nova tarifa por horas. A CNMC advirte que varias comercializadoras facturaron un 30% máis caro o término de enerxía.
Un incendio en Ponteceso queimou xa 90 hectáreas. O lume, na parroquia de Niñóns, quedou estabilizado na mañá deste martes. Imaxe: Exército do Aire.
Dende hai unha semana un exemplar de lobo mariño cincento atópase nas costas da Ría de Vigo, despois de percorrer o litoral galego durante o último ano. Esta femia foi nomeada como Doqui e alterna tempadas en mar aberto sen ser localizada con visitas á costa onde adoita saír descansar e durmir nas rochas. Cemma recomenda "deixala o máis tranquila posible" e avisar a 112 ou ao teléfono de coordinación da Rede de Varamentos (686989008), despois de que nos últimos días se observase acoso de bañistas, xente que lle quería dar de comer, botarlle auga e mesmo expulsala dalgún areal
Galicia inicia a primeira xornada de vacinación da rapazada de entre 12 e 13 anos con longas ringleiras na Cidade da Cultura. O 78,4% da poboación diana e o 71,25% da poboación xeral está xa inmunizada no país. Imaxe: TVG.
A Xunta prevé implantar a principios de setembro o plan para a hostalaría que permitirá ampliar a capacidade de bares e restaurantes segundo as medidas sanitarias de cada local e non segundo a incidencia da COVID.
Un incendio xa controlado en Negueira de Muñiz queimou 30 hectáreas durante a fin de semana. No concello ourensán de Padrenda, outros dous focos xa extinguidos afectaron máis de 20 hectáreas de monte raso. Foto: AxentesGZ
Nas fins de semana de agosto, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)
Vigo e A Coruña pasan ao nivel medio de restricións pola COVID co resto das cidades galegas. A Xunta vén de modificar o mapa de restricións que estará vixente desde este sábado nun DOG que recolle a decisión do Sergas polas "evolucións favorables e melloras importantes" en ambas urbes.
O TSXG rexeitou a esixencia de certificado COVID na hostalería porque "non impide o contaxio" e porque "a súa aplicación en Galicia non demostrou ser eficaz". O tribunal vén de publicar o auto no que rexeita a esixencia deste documento en bares, restaurantes e ocio nocturno. Toda a información, esta tarde en Praza.gal.
Doce construtoras, entre elas a galega Copasa, multadas con 61 millóns de euros por formar un cártel para alterar as licitacións de Fomento para a conservación e explotación de estradas. A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia sanciona as empresas, que conseguiron71 das 101 licitacións do Ministerio entre 2014 e 2018.