A XIX gala dos Mestre Mateo foi a máis seguida da súa historia, con 84.000 espectadores a través da TVG, un 11,3% de audiencia. Foi o segundo programa máis visto en Galicia nesa franxa horaria e a emisión a través da rede sumou outras 7.000 visualizacións.
Fálase
O Aldebarán San Sadurniño regresa á máxima categoría do voleibol e finaliza a temporada como campión da Superliga Masculina 2. O equipo regresa así á elite do voleibol á que xa ascendera por primeira vez en 2018. (Imaxe difundida pola Federación Galega de Voleibol)
O Baxi Ferrol, invicto durante toda a tempada, ascende á Liga Feminina de Baloncesto. A próxima tempada compartirá a máxima categoría co Ensino de Lugo.
Un incendio industrial no polígono do Ceao, en Lugo, fai que a Xunta active o nivel 1 de emerxencias que implica a mobilización de recursos supralocais. O lume orixinouse nunha nave de pinturas e afectou a outras lindeiras. [Imaxe: @jose_minones, delegado do Goberno de España en Galicia]
A Garda Civil intervén a unha organización sen ánimo de lucro 176 toneladas de alimentos que incumprían a normativa sanitaria e que ían destinados a persoas necesitadas. A investigación cuantifica en máis de 285.000 euros o valor dos alimentos incautados tras diversas inspeccións sanitarias realizadas en varias provincias galegas.
A Xunta incorpora Carballeda de Valdeorras aos concellos no máximo nivel de restricións pola COVID-19 dende as 00:00 do luns, día 12. Continúan neste nivel, que implica peche perimetral, os concellos da Pobra do Caramiñal e do Grove. Ademais, oito concellos estarán en nivel alto, coa incorporación de Boiro e Barreiros ao mesmo xunto á Pobra do Brollón, Monterrei, A Illa de Arousa, Boimorto, O Irixo e Carral. No nivel medio quedan 14 concellos: Rábade, Ribadumia, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova, As Neves, Noia, Sanxenxo, Meis, Baiona, Gondomar, Carballiño, Cortegada e Padrenda e no baixo, o resto de Galicia. Podes consultar aquí o novo mapa de restricións
A piragüista Teresa Portela consegue a clasificación para os seus sextos Xogos Olímpicos, en Toquio, e xa é a deportista española con máis participacións.
O Festival de Ortigueira tampouco se celebrará este verán pola COVID e a organización anuncia que o de 2022 será "o máis longo da historia" ao durar unha semana.
O Consello da Xunta aproba a oferta de emprego público da Administración Xeral para 2021 con 1.491 prazas, das que 1.006 serán de acceso libre. Podes consultar nesta ligazón a distribución de prazas de cada especialidade. Na imaxe, exames de oposicións da Xunta no recinto feiral de Lugo, o pasado 27 de marzo.
- TÁBOA INTERACTIVA | Prazas aprobadas na OPE da Xunta para 2021
Repsol anuncia un ERTE para o 31% do seu persoal na refinería da Coruña, 212 persoas, e cunha duración máxima de medio ano. A empresa xustifica a decisión na "contración inédita do consumo de petróleo" e na "incerteza xerada pola transición enerxética". Máis información, decontado en Praza.gal.
AMPLIAMOS 👉 A refinería de Repsol na Coruña anuncia un ERTE para 212 persoas que rexeitan os sindicatos