A Xunta incorpora Carballeda de Valdeorras aos concellos no máximo nivel de restricións pola COVID-19 dende as 00:00 do luns, día 12. Continúan neste nivel, que implica peche perimetral, os concellos da Pobra do Caramiñal e do Grove. Ademais, oito concellos estarán en nivel alto, coa incorporación de Boiro e Barreiros ao mesmo xunto á Pobra do Brollón, Monterrei, A Illa de Arousa, Boimorto, O Irixo e Carral. No nivel medio quedan 14 concellos: Rábade, Ribadumia, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova, As Neves, Noia, Sanxenxo, Meis, Baiona, Gondomar, Carballiño, Cortegada e Padrenda e no baixo, o resto de Galicia. Podes consultar aquí o novo mapa de restricións
