A Consellería de Sanidade confirma a suspensión da vacinación con AstraZeneca á poboación menor de 60 anos e a súa "reprogramación" en toda Galicia. Faino tras a decisión do Consello Interterritorial de Saúde neste sentido, tomada despois do ditame no que a Axencia Europea do Medicamento conclúe que esta vacina ten máis beneficios ca riscos e os trombos son un "efecto secundario moi raro"
