As inscricións nas oficinas de emprego de Galicia descenderon en 4.509 durante o mes de marzo e o paro rexistrado queda en 180.719 persoas, 6.238 máis que un ano antes. No mesmo mes, as afiliacións medias á Seguridade Social aumentaron en 4.704 persoas e o total chegou a 998.773, 3.890 menos que doce meses antes.
Fálase
O lucense Diego Anido (Diego AS) gaña as Graffiti Battles organizadas pola Liga Nacional de Graffiti. Foi o vencedor xunto ao artista vasco NexGraff
Centos de persoas manifestáronse este domingo en San Cibrao en protesta pola sentenza que considerou que non había delito nas gravacións realizadas a decenas de mulleres nas festas da Maruxaina mentres ouriñaban na rúa, vídeos que posteriormente foron publicados en webs porno. A protesta contou co apoio de numerosas entidades feministas de distintas zonas de Galicia.
Este luns inaugúrase no Teatro Principal de Pontevedra a XXVII Semana de Filosofía, que afondará na 'Filosofía e civilización dixital'. As conferencias, que rematarán o sábado 9, serán retransmitidas a través da rede, pero tamén se poderán seguir de forma presencial no Teatro, con capacidade limitada. A edición 2020, co mesmo programa, tivo que ser adiada en dúas ocasións por mor da pandemia de Covid-19. Entre outras persoas, participarán Albino Prada, Antonio Lafuente, Belén Castellanos, Santiago López Petit ou Antonio Rial Boubeta
O incendio que afectou á parroquia de Meiraos, en Folgoso do Courel, foi extinguido despois de queimar 300 hectáreas de terreo. Obrigou a activar momentaneamente a sitaución 2 pola proximidade do lume ás casas do lugar de Portela, na parroquia de Gundriz do municipio limítrofe de Samos. Outros incendios, en Cerdedo-Cotobade, Rodeiro, Monforte de Lemos e Calvos de Randín, queimaron ao redor de 200 hectáreas.
Este 2 de abril, venres santo, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Regresamos o sábado e, mentres, deixamos moito para ler :)
A Real Academia Galega de Belas Artes celebrou este 1 de abril o Día das Artes Galegas coa homenaxe a Domingo de Andrade, a quen xa lle dedicara a celebración en 2020, adiada a causa da pandemia. A institución distinguiuno como "formulador da imaxe de Santiago na contorna da Catedral". Os actos de homenaxe inclúen a instalación dunha placa conmemorativa na capela da Concepción da Catedral compostelá, onde está soterrado.
Un incendio forestal queimou xa unhas 30 hectáreas na parroquia de Marcelle, en Monforte. Segundo informa Medio Rural, un dos avións que participa nos traballos de extinción sufriu o rebentón dunha roda mentres cargaba auga en Doade (Sober). Na imaxe, bombeiros da Brif de Laza traballando neste incendio. (Foto: Brif Laza)
O BOE publica o nomeamento de José Miñones como novo delegado do Goberno de España en Galicia e tamén os cambios no Executivo de Pedro Sánchez tras a saída de Pablo Iglesias, entre eles o nomeamento da ministra de Traballo, Yolanda Díaz, como vicepresidenta terceira. Díaz e o resto de membros do Goberno que asumen novas responsabilidades prometen os seus cargos esta mañá. Na imaxe, Sánchez e as catro vicepresidentas, este martes na Moncloa. (Foto: ©Borja Puig de la Bellacasa / Goberno de España)
O Goberno de España recorre ao Tribunal Constitucional a reforma sanitaria galega. Tras a aprobación o 23 de febreiro da lei no Parlamento de Galicia, o Executivo de Sánchez pediu hai dúas semanas un ditame ao Consejo de Estado por considerar que pode afectar a dereitos fundamentais e este martes o Consejo de Ministros decidiu presentar o recurso.