O Consello Interterritorial de Saúde acorda administrar a vacina de AstraZeneca contra a COVID-19 só a poboación maior de 60 anos. Faino tras o ditame da Axencia Europea do Medicamento que describe os trombos como un efecto secundario "moi raro". O Sergas ía administrala tamén esta semana a persoas de 55 a 60 anos. As súas citas, segundo avanzou esta noite a ministra de Sanidade, Carolina Darias, en referencia a todo o Estado, quedarían suspendidas. Máis información, este xoves en Praza.gal
