O Goberno de España declara "ilexítima e nula" a condena ao último fusilado do franquismo, o galego Xosé Humberto Baena. Ao abeiro da lei de memoria democrática de 2022, queda anulada a sentenza de menos de dous meses antes da morte de Franco.

O Goberno de España declara "ilexítima e nula" a condena ao último fusilado do franquismo, o galego Xosé Humberto Baena. Ao abeiro da lei de memoria democrática de 2022, queda anulada a sentenza de menos de dous meses antes da morte de Franco.
Morre aos 82 anos Manuel Lourenzo, dramaturgo, director, actor e docente. Lourenzo recibiu na gala dos premios Mestre Mateo de 2021 o Premio de Honra Fernando Rey "á súa extensa e prolífica traxectoria e á súa ireemplazable contribución á cultura galega”. [Foto: © Santos-Díez/ACAB/ Arquivo AELG]
San Clodio, en Ribas de Sil, alcanzou este domingo a temperatura máis alta do ano en Galicia ao chegar aos 43º, nunha xornada abafante en todo o país por unha vaga de calor que remite algo nas vindeiras horas. Aínda así, lugares como As Neves rozaban xa os 27º ás sete da mañá. Foto: CC-BY-SA Jorjum
Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixámosvos moito para lerdes e o luns estamos de volta.
Meteogalicia advirte de calor intensa esta fin de semana no interior de Galicia, con aviso vermello en Ourense e Valdeorras. Haberá máximas por riba dos 34ºC en moitos concellos e temperaturas que superarán os 39ºC na Ribeira Sacra, Miño de Ourense e sur, Valdeorras e sur de Pontevedra. O risco de incendio será extremo en boa parte do país, como se pode ver na imaxe da Aemet.
Desarticulada unha rede que estafou case 8 millóns de euros con falsos negocios na Coruña e Madrid. Hai seis detidos e calcúlase que ata 800 persoas puideron ser enganadas.
O ministerio adxudica outro estudo de dous anos para a avaliación ambiental do AVE Ourense-Vigo por Cerdedo, que leva máis de dúas décadas con sucesivos estudos. Agora Transportes contrata un estudo informativo complementario por outro millón de euros para avanzar na avaliación ambiental aínda non obtida para o proxecto.
Case 34.000 fogares e 91.826 persoas perciben o Ingreso Mínimo Vital (IMV) en Galicia, segundo os últimos datos do Goberno de España. A contía media mensual por fogar é de 516,31 euros.
Netanyahu consegue a aprobación do gabinete de seguridade de Israel para ocupar a Cidade de Gaza. O goberno hebreo non confirma o que ocorrerá co resto da Franxa. O líder da oposición cre que a decisión é un "desastre". Foto: © Palestinian News & Information Agency (Wafa)
230 positivos por alcol ao volante na Festa do Albariño de Cambados. O dispositivo activado pola Garda Civil entre o 30 de xullo e o 3 de agosto detectou nove condutores con taxas tan elevadas que serán acusados de delito contra a seguridade viaria, nove deron positivo en drogas e dous por conducir respectivamente sen obter nunca o carné e tras perder todos os puntos.