Case 34.000 fogares e 91.826 persoas perciben o Ingreso Mínimo Vital (IMV) en Galicia, segundo os últimos datos do Goberno de España. A contía media mensual por fogar é de 516,31 euros.

Case 34.000 fogares e 91.826 persoas perciben o Ingreso Mínimo Vital (IMV) en Galicia, segundo os últimos datos do Goberno de España. A contía media mensual por fogar é de 516,31 euros.
Netanyahu consegue a aprobación do gabinete de seguridade de Israel para ocupar a Cidade de Gaza. O goberno hebreo non confirma o que ocorrerá co resto da Franxa. O líder da oposición cre que a decisión é un "desastre". Foto: © Palestinian News & Information Agency (Wafa)
230 positivos por alcol ao volante na Festa do Albariño de Cambados. O dispositivo activado pola Garda Civil entre o 30 de xullo e o 3 de agosto detectou nove condutores con taxas tan elevadas que serán acusados de delito contra a seguridade viaria, nove deron positivo en drogas e dous por conducir respectivamente sen obter nunca o carné e tras perder todos os puntos.
Tras a negativa da Xunta, o Concello de Santiago asegura que cumpre os requisitos para ser zona tensionada de alugueiros e o BNG di que o Goberno galego rexeitouno para "atacar" á alcaldesa. Na imaxe, do Concello, Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo.
Outro incendio en Ponteceso, na parroquia de Corme Aldea, obriga a decretar a Situación 2 como prevención pola proximidade ás vivendas. Os outros incendios da zona remitiran durante a pasada noite tras queimar máis de 500 hectáreas.
Renfe usará buses para dar servizo á estación de Vigo-Guixar durante 6 fins de semana de setembro e outubro por obras de mellora da vía convencional ata Redondela. Os traballos suporá o corte da liña desde última hora de cada venres a primeira hora dos luns e afectarán aos trens Rexionais que usan Vigo-Guixar, al Alvia Vigo-Barcelona e aos trens con Porto. [Imaxe: CC-BY-SA JP Ribeiro]
Ribadavia marcou este luns a segunda temperatura máis alta de toda España, con 42,8 graos, segundo os datos da Aemet, que sitúan Ourense como a sétima localidade onde onte fixo máis calor. Meteogalicia mantén para hoxe aviso laranxa por altas temperaturas en case toda a provincia de Pontevedra. Foto: CC-BY-SA Limbuga.
Os Franco abren por primeira vez ao público a Casa Cornide. As visitas foron inauguradas pola alcaldesa, Inés Rey, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera; o historiador Alfredo Vigo e Rubén Centeno, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
O paro sobe en xullo en máis de 600 persoas en Galicia, que ten 10.187 persoas paradas menos que hai un ano. O número de afiliacións á Seguridade Social alcanza os 1.113.486, case 11.000 máis que o mes de xuño e 20.000 máis que doce meses antes.
Os galegos Adrián Ben e Belén Toimil, campións de España de 1.500 metros e en lanzamento de peso nos campionatos ao aire libre celebrados esta pasada fin de semana en Tarragona. Foto: © RFEA.