Outro incendio en Ponteceso, na parroquia de Corme Aldea, obriga a decretar a Situación 2 como prevención pola proximidade ás vivendas. Os outros incendios da zona remitiran durante a pasada noite tras queimar máis de 500 hectáreas.

Outro incendio en Ponteceso, na parroquia de Corme Aldea, obriga a decretar a Situación 2 como prevención pola proximidade ás vivendas. Os outros incendios da zona remitiran durante a pasada noite tras queimar máis de 500 hectáreas.
Renfe usará buses para dar servizo á estación de Vigo-Guixar durante 6 fins de semana de setembro e outubro por obras de mellora da vía convencional ata Redondela. Os traballos suporá o corte da liña desde última hora de cada venres a primeira hora dos luns e afectarán aos trens Rexionais que usan Vigo-Guixar, al Alvia Vigo-Barcelona e aos trens con Porto. [Imaxe: CC-BY-SA JP Ribeiro]
Ribadavia marcou este luns a segunda temperatura máis alta de toda España, con 42,8 graos, segundo os datos da Aemet, que sitúan Ourense como a sétima localidade onde onte fixo máis calor. Meteogalicia mantén para hoxe aviso laranxa por altas temperaturas en case toda a provincia de Pontevedra. Foto: CC-BY-SA Limbuga.
Os Franco abren por primeira vez ao público a Casa Cornide. As visitas foron inauguradas pola alcaldesa, Inés Rey, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera; o historiador Alfredo Vigo e Rubén Centeno, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
O paro sobe en xullo en máis de 600 persoas en Galicia, que ten 10.187 persoas paradas menos que hai un ano. O número de afiliacións á Seguridade Social alcanza os 1.113.486, case 11.000 máis que o mes de xuño e 20.000 máis que doce meses antes.
Os galegos Adrián Ben e Belén Toimil, campións de España de 1.500 metros e en lanzamento de peso nos campionatos ao aire libre celebrados esta pasada fin de semana en Tarragona. Foto: © RFEA.
Hai 20 anos, o 4 de agosto de 2005, tomaba posesión o goberno de coalición de PSdeG e BNG, tras facelo o presidente Touriño dous días antes logo das eleccións do 19 de xuño.
Alertas por altas temperaturas na maior parte do país para este luns, con nivel laranxa nas zonas do Miño en Pontevedra e Ourense e Valdeorras.
Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixámosvos moito para lerdes e o luns estamos de volta.
Alfombreiro, auguista e lubre entran no dicionario da Real Academia Galega. O Seminario de Lexicografía da RAG incorpora os termos tras "valorar pedimentos da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, o Concello de Mondariz Balneario e mais o grupo musical Luar na Lubre e Navia Franco Barreiro", explican. Na imaxe, unha alfombra floral elaborada por alfombreiros de Ponteareas en Vigo, nunha imaxe de arquivo da devandita asociación.