Hai 20 anos, o 4 de agosto de 2005, tomaba posesión o goberno de coalición de PSdeG e BNG, tras facelo o presidente Touriño dous días antes logo das eleccións do 19 de xuño.

Hai 20 anos, o 4 de agosto de 2005, tomaba posesión o goberno de coalición de PSdeG e BNG, tras facelo o presidente Touriño dous días antes logo das eleccións do 19 de xuño.
Alertas por altas temperaturas na maior parte do país para este luns, con nivel laranxa nas zonas do Miño en Pontevedra e Ourense e Valdeorras.
Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixámosvos moito para lerdes e o luns estamos de volta.
Alfombreiro, auguista e lubre entran no dicionario da Real Academia Galega. O Seminario de Lexicografía da RAG incorpora os termos tras "valorar pedimentos da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, o Concello de Mondariz Balneario e mais o grupo musical Luar na Lubre e Navia Franco Barreiro", explican. Na imaxe, unha alfombra floral elaborada por alfombreiros de Ponteareas en Vigo, nunha imaxe de arquivo da devandita asociación.
A Garda Civil investiga a morte dunha muller con signos de violencia no Porriño. O subdelegado do Goberno de España en Pontevedra sinala que a muller "exercía a prostitución", non tiña denuncias activas no sistema Viogen de protección contra a violencia de xénero e "non se descarta ningunha hipótese".[Imaxe de arquivo da Garda Civil na provincia de Pontevedra].
BNG e PSdeG piden o cesamento do director xeral de loita contra a Violencia Machista, Roberto Barba, por dicir que "un dos detonantes" dos asasinatos é a decisión da muller de deixar o home. Nacionalistas e socialistas din que o PP non cre na loita contra a violencia de xénero e asume posturas negacionistas.
Alfredo García dimite como alcalde do Barco tras 26 anos no cargo. Con 72 anos de idade explica que "chegou o momento" de dar a remuda no cargo no Concello valdeorrés, que asumirá o tamén socialista Aurentino Alonso, ata agora primeiro tenente da alcaldía. Na imaxe, García anunciando a súa decisión este 1 de agosto, canda o resto do equipo de goberno. O PSdeG goberna no Barco con maioría absoluta [Imaxe: Concello do Barco]
Os Orzamentos da Xunta para 2026 terán un teito de gasto non financeiro de 14.177 millóns, un 1,6% máis que os deste ano e un novo récord polo aumento dos ingresos estatais e de impostos. O Goberno galego prevé pechar este ano cunha taxa de paro do 8,3% e baixala a 7,8% o vindeiro ano.
Audasa gaña 44,6 millóns de euros na primeira metade do ano, 5 millóns máis (12,9%) que no mesmo período do ano pasado. Dos 105,6 millóns que ingresou por peaxes en 6 meses, 41,6 millóns pagounos a administración por diversas bonificacións.
O PP gaña a alcaldía de Forcarei tras saír adiante a moción de censura cun tránsfuga ex-edil do PSdeG. A dirección galega dos conservadores cualifícao como "acto de xustiza", en verbas da súa secretaria xeral, Paula Prado, que acudiu ao pleno no que foi elixida Belén Cachafeiro -quen xa fora rexedora ata 2019- como remuda da socialista Verónica Pichel. [Imaxe: PPdeG]