Alfombreiro, auguista e lubre entran no dicionario da Real Academia Galega. O Seminario de Lexicografía da RAG incorpora os termos tras "valorar pedimentos da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, o Concello de Mondariz Balneario e mais o grupo musical Luar na Lubre e Navia Franco Barreiro", explican. Na imaxe, unha alfombra floral elaborada por alfombreiros de Ponteareas en Vigo, nunha imaxe de arquivo da devandita asociación.