Audasa gaña 44,6 millóns de euros na primeira metade do ano, 5 millóns máis (12,9%) que no mesmo período do ano pasado. Dos 105,6 millóns que ingresou por peaxes en 6 meses, 41,6 millóns pagounos a administración por diversas bonificacións.

Audasa gaña 44,6 millóns de euros na primeira metade do ano, 5 millóns máis (12,9%) que no mesmo período do ano pasado. Dos 105,6 millóns que ingresou por peaxes en 6 meses, 41,6 millóns pagounos a administración por diversas bonificacións.
O PP gaña a alcaldía de Forcarei tras saír adiante a moción de censura cun tránsfuga ex-edil do PSdeG. A dirección galega dos conservadores cualifícao como "acto de xustiza", en verbas da súa secretaria xeral, Paula Prado, que acudiu ao pleno no que foi elixida Belén Cachafeiro -quen xa fora rexedora ata 2019- como remuda da socialista Verónica Pichel. [Imaxe: PPdeG]
O papa valora visitar Santiago no Ano Santo 2027, segundo avanza o Correio da Manhã citando fontes diplomáticas da Santa Sé, españolas e portuguesas. O xornal portugués sinala que a Secretaría de Estado do Vaticano traballa na posibilidade dunha visita pastoral na que León XIV acuda á capital galega polo ano xacobeo e a Fátima para conmemorar os 110 anos das que a Igrexa católica considera como probadas aparicións da Virxe. A anterior visita papal ao noso país remóntase a 2010, cando acudiu Bieito XVI. O pasado maio, no inicio do pontificado, o arcebispo de Santiago, Francisco Prieto, reiterou a súa intención de convidalo a Compostela.
A Xunta levanta o confinamento da veciñanza afectada polo incendio da Cañiza, no que emprega por primeira vez o sistema Es-Alert de mensaxes a móbiles. Na tardiña deste mércores o lume pasou en pouco tempo de 20 a 200 hectáreas, poñendo en perigo vivendas, e mobilizou a Unidade Militar de Emerxencias (UME).
A Xunta emprega o sistema Es-Alert de mensaxes de emerxencia a móbiles por primeira vez en situación real por un incendio na Cañiza. En pouco máis de dúas horas o Goberno galego pasou de informar de que o lume superaba as 20 hectáreas a situalo en máis de 200, con petición de intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME) e desaloxo de vivendas.
Varios incendios activos en Galicia queimaron xa polo menos un cento de hectáreas en Carballeda de Avia, Meaño, Arbo, Bueu ou A Cañiza. Neste último tivo que ser declarada a situación 2 de emerxencia pola proximidade do lume ás casas na parroquia do Couto. Portugal segue loitando contra grandes incendios, no máis achegado á fronteira con Galicia, en Ponte da Barca, a Câmara Municipal pediu ao Goberno luso a activación do Mecanismo Europeo de Protección Civil. Foto: ATBRIF.
O Supremo deixa o fiscal xeral do Estado a un paso de ser xulgado por revelación de segredos no caso da presunta fraude fiscal do mozo da presidenta de Madrid. Un dos tres maxistrados da Sala que vén de desestimar o recurso de Álvaro García Ortiz desmárcase e considera formalmente que "non existe un fundamento indiciario suficiente que posibilite racionalmente unha condena" e por iso rexeita xulgalo. A dirección do PP, que manifesta hostilidade contra García Ortiz dende que exercía como fiscal de medio ambiente en Galicia, reitera a súa esixencia de dimisión, que Pedro Sánchez e a Unión Progresista de Fiscais -que dirixiu- rexeitan. Na imaxe, García Ortiz o pasado xuño no Pazo de Mariñán [© Fiscalía Xeral do Estado]
Dous incendios en Cerdedo-Cotobade obrigan a desaloxar cinco vivendas e outros en Meaño e Salvaterra queimaron xa unhas 70 hectáreas. En Portugal, os fogos en Arouca, Mangualde, Penamacor, Ponte de Lima, Ponte da Barca, Nisa e Santarém mobilizan milleiros de bombeiros. Foto: @lumesgal.
Unha traballadora do servizo de axuda no fogar do Porriño morre tras ser atacada nun dos domicilios que atendía. Segundo Faro de Vigo, investígase o marido septuaxenario da muller que recibía os seus servizos. [Imaxe: CC-BY-NC-SA Liliana Drew]
Un incendio en Salvaterra de Miño queimou xa 30 hectáreas e outro en Meaño, arredor de 40, segundo informa a Consellería do Medio Rural, que dá por estabilizado o primeiro. En Portugal, continúa activo o grave incendio en Ponte da Barca, próximo á fronteira con Galicia, no que traballan case 400 bombeiros. Foto: ATBRIF.