Unha traballadora do servizo de axuda no fogar do Porriño morre tras ser atacada nun dos domicilios que atendía. Segundo Faro de Vigo, investígase o marido septuaxenario da muller que recibía os seus servizos. [Imaxe: CC-BY-NC-SA Liliana Drew]

Unha traballadora do servizo de axuda no fogar do Porriño morre tras ser atacada nun dos domicilios que atendía. Segundo Faro de Vigo, investígase o marido septuaxenario da muller que recibía os seus servizos. [Imaxe: CC-BY-NC-SA Liliana Drew]
Un incendio en Salvaterra de Miño queimou xa 30 hectáreas e outro en Meaño, arredor de 40, segundo informa a Consellería do Medio Rural, que dá por estabilizado o primeiro. En Portugal, continúa activo o grave incendio en Ponte da Barca, próximo á fronteira con Galicia, no que traballan case 400 bombeiros. Foto: ATBRIF.
O PSdeG suspende de militancia o seu voceiro en Cospeito, ao que o xulgado de violencia sobre a muller de Vilalba investiga por un delito de lesións á súa parella. O secretario provincial do partido, José Tomé, especifica que a suspensión a Daniel Irimia se manterá "ata que o xulgado ditamine" e "se hai responsabilidades, non pode estar no noso partido, porque rexeitamos a violencia machista". "Imos proceder, non coma outros que sabendo dos temas pasan meses; actuamos de inmediato", enfatiza Tomé.
A Coruña xa é a primeira cidade galega declarada "zona de mercado residencial tensionado" ao abeiro da lei estatal de vivenda. O BOE publica este martes a declaración, que ten unha vixencia de tres anos e permite ao Concello coruñés activar o seu plan de medidas ao respecto. +info, hoxe en Praza.gal [Imaxe: CC BY-NC-SA Praza.gal]
Un incendio en Salvaterra de Miño, na parroquia de Pesqueiras, activa a Situación 2 e o desaloxo da zona pola proximidade do lume a vivendas. [Imaxe: Arquivo da Xunta]
Un grande incendio en Lindoso (Ponte da Barca), ao pé da fronteira con Galicia, afecta a Serra do Xurés. Máis de 260 bombeiros, 84 vehículos e dez medios aéreos combaten o lume, que cercou bombeiros, destruíu construcións e xa matou animais. En Galicia, hai polo menos dous incendios activos en Vilardevós e Salvaterra de Miño. Foto: @lumesgal
Recursos de Galicia, sociedade mixta na que a Xunta participa cun 30%, entra no capital social da empresa promotora da mina de Doade, sinala pola UE como estratéxica para a extracción de litio en Beariz. RDG achegará 750.000 euros mediante unha ampliación de capital do 10%; o 90% restante permanece no Grupo Samca.
Pedro Sánchez anuncia "unha ampliación histórica dos permisos de nacemento e coidados" con 3 semanas "que se sumarán ás 16 que estaban en vigor". "As dúas últimas poderán gozarse de maneira flexible ata que a nena ou neno fagan 8 anos", sinala o presidente do Goberno de España na súa comparecencia para facer balance do curso político que remata. A medida atinxirá retroactivamente ás familias con crianzas que nacesen dende o 2 de agosto de 2024, que terán dúas semanas máis. No caso das familias monoparentais implicará un total de 32 semanas de permiso.
Detido o voceiro do PSdeG en Cospeito por presunta agresión á súa parella. Os feitos aconteceron durante a fin de semana no transcurso dunha voda, informa El Progreso, na que o edil supostamente empurrou a súa parella no transcurso dunha disputa entre ambos. Está previsto que Daniel Irimia pase a disposición xudicial este luns.
O pacto comercial da UE cos EUA implica aranceis do 15% aos produtos europeos sen recarga recíproca para os estadounidenses. O acordo, asinado por Von der Leyen nun complexo de golf en Escocia propiedade de Donald Trump vai ser, segundo o presidente americano, "moi bo para todos". [Imaxe: © Comisión Europea]