O PSdeG suspende de militancia o seu voceiro en Cospeito, ao que o xulgado de violencia sobre a muller de Vilalba investiga por un delito de lesións á súa parella. O secretario provincial do partido, José Tomé, especifica que a suspensión a Daniel Irimia se manterá "ata que o xulgado ditamine" e "se hai responsabilidades, non pode estar no noso partido, porque rexeitamos a violencia machista". "Imos proceder, non coma outros que sabendo dos temas pasan meses; actuamos de inmediato", enfatiza Tomé.
