O exército de Israel aborda o barco Handala, da Flotilla da Liberdade, a menos de 100 quilómetros de Gaza. Na tripulación, de 21 persoas, viaxan dous españois e todos permanecen retidos. Imaxe: Rumbo a Gaza.
Fálase
O PSOE exixe a Feijóo que explique para que pagou a Xunta ao despacho de Montoro cando el era presidente. Montse Míguez, portavoz da comisión executiva federal dos socialistas, pregúntase se os 170.000 euros abonados ao equipo do ex-ministro "foron para beneficios fiscais para empresas na Xunta" ou para "estudos baleiros". "Queremos sabelo", di.
A gala conmemorativa polo 40 aniversario da TVG remata con berros de "Altri non!". As proclamas contra a macrocelulosa pecharon o programa tras a interpretación do himno galego por parte das Tanxugueiras.
Extinguido en Cualedro o incendio máis grande do que vai de ano, con 97,27 hectáreas, que levaba dous días ardendo. Os incendios comunicados pola Xunta no que vai de ano suman algo máis de 400 hectáreas. En todo o pasado ano arderon 2.644 hectáreas. Esta fin de semana vai ir elevándose o risco de incendios en boa parte de Galicia.
A Xunta de Feijóo pagou á consultora vinculada con Montoro 172.000 euros, segundo conta El Economista. O Goberno galego explica que encargou varios informes financeiro-fiscais entre os anos 2009 e 2011 e o PSOE pide explicacións ao líder dos populares. Foto: © PP.
Un incendio en Cualedro queimou xa máis de 100 hectáreas tras estenderse a Portugal, segundo confirma o alcalde da localidade ourensá. 90 destas hectáreas arderon en territorio galego, di a Xunta, que dá o fogo por estabilizado. Foto: ATBRIF.
As xornalistas Susana Pedreira e Diana López Varela, pregoeiras das Festas da Peregrina de Pontevedra. As impulsoras d'As mulleres que opinan son perigosas, augura o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, "van ser dúas pregoeiras espectaculares". O recoñecemento, agrega o rexedor, chégalles por creares "un proxecto referente que defende a participación das mulleres en todos os eidos". "Faremos un pregón feito con moito agarimo, reivindicativo e festivo, con moita retranca, para tentar facelo inesquecible", avanzan. Celebrarase o 9 de agosto ás 12 dende o balcón da casa consistorial [Imaxe: © Concello de Pontevedra]
O presidente da Xunta entrega a Medalla de Ouro de Galicia aos alcaldes do Porto e de Braga, Rui Moreira e Ricardo Rio. O Goberno galego concedeulles a súa máxima distinción por "construíren pontes entre Galicia e Portugal" e como "símbolos dunha cooperación que achega pobos, economías e culturas". O acto, celebrado na Cidade da Cultura na véspera do Día Nacional, completa a entrega das Medallas deste 2025 iniciada o pasado día 14 coa princesa Leonor. [Imaxe: Sinal institucional Xunta]
Nova derruba no falso teito do Materno Infantil de Ourense a poucos días do traslado. A atención nais, bebés e nenos prevé ser trasladada ao edificio Xeral do CHUO malia a polémica e as protestas de mulleres embarazadas. Cóntao Faro de Vigo. Na imaxe, unha das derrubas previas.
Noelia Núñez, deputada e voceira do PP no Congreso, vicesecretaria de Núñez Feijóo, dimite de todos os seus cargos tras falsear o seu currículo. A xa ex-vicecretaria de Mobilización e Reto Dixital do PP pide "desculpas" pero marcha porque cre que "pedir perdón non é dabondo".