As xornalistas Susana Pedreira e Diana López Varela, pregoeiras das Festas da Peregrina de Pontevedra. As impulsoras d'As mulleres que opinan son perigosas, augura o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, "van ser dúas pregoeiras espectaculares". O recoñecemento, agrega o rexedor, chégalles por creares "un proxecto referente que defende a participación das mulleres en todos os eidos". "Faremos un pregón feito con moito agarimo, reivindicativo e festivo, con moita retranca, para tentar facelo inesquecible", avanzan. Celebrarase o 9 de agosto ás 12 dende o balcón da casa consistorial [Imaxe: © Concello de Pontevedra]
