O presidente da Xunta entrega a Medalla de Ouro de Galicia aos alcaldes do Porto e de Braga, Rui Moreira e Ricardo Rio. O Goberno galego concedeulles a súa máxima distinción por "construíren pontes entre Galicia e Portugal" e como "símbolos dunha cooperación que achega pobos, economías e culturas". O acto, celebrado na Cidade da Cultura na véspera do Día Nacional, completa a entrega das Medallas deste 2025 iniciada o pasado día 14 coa princesa Leonor. [Imaxe: Sinal institucional Xunta]
Fálase
Nova derruba no falso teito do Materno Infantil de Ourense a poucos días do traslado. A atención nais, bebés e nenos prevé ser trasladada ao edificio Xeral do CHUO malia a polémica e as protestas de mulleres embarazadas. Cóntao Faro de Vigo. Na imaxe, unha das derrubas previas.
Noelia Núñez, deputada e voceira do PP no Congreso, vicesecretaria de Núñez Feijóo, dimite de todos os seus cargos tras falsear o seu currículo. A xa ex-vicecretaria de Mobilización e Reto Dixital do PP pide "desculpas" pero marcha porque cre que "pedir perdón non é dabondo".
Feijóo abre a porta a que delitos que hoxe non son motivo de expulsión de migrantes si o sexan no futuro. O líder do PP cre que habería que "reformular" se "determinados delitos que hoxe non dan lugar á expulsión deben de dar lugar no futuro".
- HEMEROTECA | Feijóo liga inmigración e delincuencia no acto do PP polo que Rueda faltou ao Consello da Xunta
- HEMEROTECA | Feijóo recicla o dobre discurso sobre menores migrantes e retoma a teoría do "efecto chamada"
- HEMEROTECA | Menores migrantes acollidos en Galicia: poucos e co traballo como prioridade
A Xunta pecha outras sete escolas "por falta de alumnos". Educación avanza que, por non acadar un mínimo de cinco alumnos, deixarán de prestar servizo as escolas unitarias de Educación Infantil da Lagoa (Arteixo, 4 nenos), de Muros (3 nenos), Queiruga (Porto do Son, 1 neno) e Romariz (Soutomaior, 3 nenos) e os colexios de Seráns (Porto do Son, 3 nenos), de Castromil (Vimianzo, 3 nenos) e de Negueira de Muñiz (4 nenos).
- AMPLIAMOS 👉 Educación pechou 240 escolas desde 2005
Os Premios Goya incorporan o Festival de Cans entre os certames de prestixio que cualifican para os galardóns. Dez anos despois, o Festival de Cans volve facer parte do listado de certames que puntuarán para a selección de finalistas dos Premios Goya, na vindeira edición de 2026 que terá lugar en febreiro en Barcelona. A distinción suporá “suporá unha gran proxección para as novas e novos cineastas que Cans busca visibilizar”, aseguran desde o festival galego.
Vigo súmase á taxa turística. O alcalde vigués, Abel Caballero, avanza a decisión do seu goberno de implantar o tributo que o Concello de Santiago está a piques de comezar a recadar e que A Coruña ten na recta final. En todos os casos os límites están condicionados pola lei da Xunta que a regula. Na imaxe, cruceiros no porto de Vigo coas Cíes ao fondo [© AP Vigo]
Unha escultura de Xesucristo representado como persoa sen fogar para recibir os peregrinos en Santiago. A Arquidiocese compostelá instala na Oficina de Atención ao Peregrino inaugura a escultura Homeles Jesus, do artista canadense Timothy Schmalz. Trátase dunha réplica dunha peza creada polo artista en 2013 "concibida como forma de denunciar a situación das persoas sen teito". Dende aquela foi reproducido en case un cento de lugares por todo o mundo. A instalación foi inaugurada polo arcebispo de Santiago, Francisco Prieto na propia Oficina do Peregrino, lindeira a un centro de Cáritas especializado na atención ao senfogarismo [Imaxe: © Arquidiocese de Santiago]
- ENTREVISTA (2024) | Francisco Prieto: "Cáritas ten que seguir denunciando que non hai suficiente dignidade nin reparto da riqueza"
- HEMEROTECA | Con teito e un colchón : "Polo menos na estación non hai pelexas”
- HEMEROTECA | As prazas de aloxamento para persoas sen fogar en Galicia sitúase por debaixo da media do Estado
- HEMEROTECA | Como contar a realidade das persoas sen fogar: consellos para ir alén do "corpo tendido entre cartóns"
PP, Vox, Podemos, BNG e Junts botan abaixo o decreto do Goberno de España para evitar outro apagamento. Sánchez asegurá que o volverá levar ao Congreso e acusa estes partidos de "votar contra o interese xeral". O Bloque xustifica o seu voto en contra porque cre que o decreto "favorece o oligopolio eléctrico e o espolio a Galiza".
Falece Julio Sacristán, ex-alcalde de Culleredo e ex-secretario provincial do PSOE na Coruña. O PSdeG lamenta a morte dunha "figura imprescindible do socialismo galego e alcalde de referencia socialista que marcou a historia política e social de Culleredo durante máis de tres décadas".