Un incendio en Salvaterra de Miño, na parroquia de Pesqueiras, activa a Situación 2 e o desaloxo da zona pola proximidade do lume a vivendas. [Imaxe: Arquivo da Xunta]

Un incendio en Salvaterra de Miño, na parroquia de Pesqueiras, activa a Situación 2 e o desaloxo da zona pola proximidade do lume a vivendas. [Imaxe: Arquivo da Xunta]
Un grande incendio en Lindoso (Ponte da Barca), ao pé da fronteira con Galicia, afecta a Serra do Xurés. Máis de 260 bombeiros, 84 vehículos e dez medios aéreos combaten o lume, que cercou bombeiros, destruíu construcións e xa matou animais. En Galicia, hai polo menos dous incendios activos en Vilardevós e Salvaterra de Miño. Foto: @lumesgal
Recursos de Galicia, sociedade mixta na que a Xunta participa cun 30%, entra no capital social da empresa promotora da mina de Doade, sinala pola UE como estratéxica para a extracción de litio en Beariz. RDG achegará 750.000 euros mediante unha ampliación de capital do 10%; o 90% restante permanece no Grupo Samca.
Pedro Sánchez anuncia "unha ampliación histórica dos permisos de nacemento e coidados" con 3 semanas "que se sumarán ás 16 que estaban en vigor". "As dúas últimas poderán gozarse de maneira flexible ata que a nena ou neno fagan 8 anos", sinala o presidente do Goberno de España na súa comparecencia para facer balance do curso político que remata. A medida atinxirá retroactivamente ás familias con crianzas que nacesen dende o 2 de agosto de 2024, que terán dúas semanas máis. No caso das familias monoparentais implicará un total de 32 semanas de permiso.
Detido o voceiro do PSdeG en Cospeito por presunta agresión á súa parella. Os feitos aconteceron durante a fin de semana no transcurso dunha voda, informa El Progreso, na que o edil supostamente empurrou a súa parella no transcurso dunha disputa entre ambos. Está previsto que Daniel Irimia pase a disposición xudicial este luns.
O pacto comercial da UE cos EUA implica aranceis do 15% aos produtos europeos sen recarga recíproca para os estadounidenses. O acordo, asinado por Von der Leyen nun complexo de golf en Escocia propiedade de Donald Trump vai ser, segundo o presidente americano, "moi bo para todos". [Imaxe: © Comisión Europea]
O exército de Israel aborda o barco Handala, da Flotilla da Liberdade, a menos de 100 quilómetros de Gaza. Na tripulación, de 21 persoas, viaxan dous españois e todos permanecen retidos. Imaxe: Rumbo a Gaza.
O PSOE exixe a Feijóo que explique para que pagou a Xunta ao despacho de Montoro cando el era presidente. Montse Míguez, portavoz da comisión executiva federal dos socialistas, pregúntase se os 170.000 euros abonados ao equipo do ex-ministro "foron para beneficios fiscais para empresas na Xunta" ou para "estudos baleiros". "Queremos sabelo", di.
A gala conmemorativa polo 40 aniversario da TVG remata con berros de "Altri non!". As proclamas contra a macrocelulosa pecharon o programa tras a interpretación do himno galego por parte das Tanxugueiras.
Extinguido en Cualedro o incendio máis grande do que vai de ano, con 97,27 hectáreas, que levaba dous días ardendo. Os incendios comunicados pola Xunta no que vai de ano suman algo máis de 400 hectáreas. En todo o pasado ano arderon 2.644 hectáreas. Esta fin de semana vai ir elevándose o risco de incendios en boa parte de Galicia.