Pedro Sánchez anuncia "unha ampliación histórica dos permisos de nacemento e coidados" con 3 semanas "que se sumarán ás 16 que estaban en vigor". "As dúas últimas poderán gozarse de maneira flexible ata que a nena ou neno fagan 8 anos", sinala o presidente do Goberno de España na súa comparecencia para facer balance do curso político que remata. A medida atinxirá retroactivamente ás familias con crianzas que nacesen dende o 2 de agosto de 2024, que terán dúas semanas máis. No caso das familias monoparentais implicará un total de 32 semanas de permiso.
