Varios incendios activos en Galicia queimaron xa polo menos un cento de hectáreas en Carballeda de Avia, Meaño, Arbo, Bueu ou A Cañiza. Neste último tivo que ser declarada a situación 2 de emerxencia pola proximidade do lume ás casas na parroquia do Couto. Portugal segue loitando contra grandes incendios, no máis achegado á fronteira con Galicia, en Ponte da Barca, a Câmara Municipal pediu ao Goberno luso a activación do Mecanismo Europeo de Protección Civil. Foto: ATBRIF.
Fálase
O Supremo deixa o fiscal xeral do Estado a un paso de ser xulgado por revelación de segredos no caso da presunta fraude fiscal do mozo da presidenta de Madrid. Un dos tres maxistrados da Sala que vén de desestimar o recurso de Álvaro García Ortiz desmárcase e considera formalmente que "non existe un fundamento indiciario suficiente que posibilite racionalmente unha condena" e por iso rexeita xulgalo. A dirección do PP, que manifesta hostilidade contra García Ortiz dende que exercía como fiscal de medio ambiente en Galicia, reitera a súa esixencia de dimisión, que Pedro Sánchez e a Unión Progresista de Fiscais -que dirixiu- rexeitan. Na imaxe, García Ortiz o pasado xuño no Pazo de Mariñán [© Fiscalía Xeral do Estado]
- HEMEROTECA | Raíces galegas no aborrecemento ao fiscal xeral polo PP, que celebra a súa imputación
- HEMEROTECA | Non só o fiscal xeral: o que fan WhatsApp e Google coas mensaxes que borras
- HEMEROTECA | A Unión Progresista de Fiscais lamenta que Rueda pretenda "censurar" a un fiscal por participar nun foro do PSdeG
- HEMEROTECA | "En anos de investigación, nunca atopamos esa famosa trama incendiaria"
Dous incendios en Cerdedo-Cotobade obrigan a desaloxar cinco vivendas e outros en Meaño e Salvaterra queimaron xa unhas 70 hectáreas. En Portugal, os fogos en Arouca, Mangualde, Penamacor, Ponte de Lima, Ponte da Barca, Nisa e Santarém mobilizan milleiros de bombeiros. Foto: @lumesgal.
Unha traballadora do servizo de axuda no fogar do Porriño morre tras ser atacada nun dos domicilios que atendía. Segundo Faro de Vigo, investígase o marido septuaxenario da muller que recibía os seus servizos. [Imaxe: CC-BY-NC-SA Liliana Drew]
Un incendio en Salvaterra de Miño queimou xa 30 hectáreas e outro en Meaño, arredor de 40, segundo informa a Consellería do Medio Rural, que dá por estabilizado o primeiro. En Portugal, continúa activo o grave incendio en Ponte da Barca, próximo á fronteira con Galicia, no que traballan case 400 bombeiros. Foto: ATBRIF.
O PSdeG suspende de militancia o seu voceiro en Cospeito, ao que o xulgado de violencia sobre a muller de Vilalba investiga por un delito de lesións á súa parella. O secretario provincial do partido, José Tomé, especifica que a suspensión a Daniel Irimia se manterá "ata que o xulgado ditamine" e "se hai responsabilidades, non pode estar no noso partido, porque rexeitamos a violencia machista". "Imos proceder, non coma outros que sabendo dos temas pasan meses; actuamos de inmediato", enfatiza Tomé.
A Coruña xa é a primeira cidade galega declarada "zona de mercado residencial tensionado" ao abeiro da lei estatal de vivenda. O BOE publica este martes a declaración, que ten unha vixencia de tres anos e permite ao Concello coruñés activar o seu plan de medidas ao respecto. +info, hoxe en Praza.gal [Imaxe: CC BY-NC-SA Praza.gal]
- AMPLIAMOS 👉 A Coruña, primeiro municipio de Galicia en ser declarado zona residencial tensionada
- HEMEROTECA | Zona Tensionada e limitación dos pisos turísticos: A Coruña reacciona ante o problema da vivenda
- HEMEROTECA | Récord de peticións de pisos protexidos en Galicia ante a fin de quince anos de parálise
- HEMEROTECA | A Xunta ratifica o "non" a intervir nos alugueiros coa lei de vivenda da man dos demais gobernos do PP
Un incendio en Salvaterra de Miño, na parroquia de Pesqueiras, activa a Situación 2 e o desaloxo da zona pola proximidade do lume a vivendas. [Imaxe: Arquivo da Xunta]
Un grande incendio en Lindoso (Ponte da Barca), ao pé da fronteira con Galicia, afecta a Serra do Xurés. Máis de 260 bombeiros, 84 vehículos e dez medios aéreos combaten o lume, que cercou bombeiros, destruíu construcións e xa matou animais. En Galicia, hai polo menos dous incendios activos en Vilardevós e Salvaterra de Miño. Foto: @lumesgal
Recursos de Galicia, sociedade mixta na que a Xunta participa cun 30%, entra no capital social da empresa promotora da mina de Doade, sinala pola UE como estratéxica para a extracción de litio en Beariz. RDG achegará 750.000 euros mediante unha ampliación de capital do 10%; o 90% restante permanece no Grupo Samca.