O PP lanza a súa precampaña para o 10N baixo o lema ¿Ellos o nosotros?. Revelouno cunha gran pancarta na fachada da sede central do partido, en Madrid, á que horas despois agregou a palabra "todos".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/sede-pp-ediima20191001-0210-9-ea78e8d.jpeg)
O PP lanza a súa precampaña para o 10N baixo o lema ¿Ellos o nosotros?. Revelouno cunha gran pancarta na fachada da sede central do partido, en Madrid, á que horas despois agregou a palabra "todos".
Familias, alumnado, profesorado e membros da corporación municipal concéntranse ante o colexio Labaca da Coruña para reclamar á Xunta persoal de ateción á diversidade. Pais e nais denuncian o recorte de profesorado, que afecta outros centros.
A Xunta prevé que hoxe chegue o peregrino número 300.000 do ano a Santiago, dúas semanas antes que en 2018. É a terceira vez que se supera este limiar. O crecemento exponencial na chegada de camiñantes amósase tamén no feito de que o peregrino 200.000 se adiantou de mediados de outubro a comezos de agosto en apenas media década. Na imaxe, a chegada do peregrino 300.000 en 2017.
Rouco Varela únese oficialmente ao grupo de cardeais inimigos do Papa Francisco, ao que cualifican de "herexe". Unha información de Jesús Bastante
Chega ao Museo de Pontevedra a exposición Galaicos, que percorre o período histórico da Idade de Bronce ata o século VI a través de abondosos restos arqueolóxicos. Tras pasar por Madrid e Valencia a mostra estará en Pontevedra do 4 de outubro ao 2 de febreiro e "servirá tamén para render homenaxe Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra no 125 aniversario da súa fundación", explican dende a Deputación.
Anova confirma que non se presentará ás xerais do 10N "por non ser posible unha fronte ampla que dea continuidade ao proceso de acumulación de forzas iniciado en 2012". "Non contribuiremos ao proceso de atomización da esquerda", agregan nun comunicado. Ás dúas desta tarde finaliza o prazo para o rexistro de coalicións electorais. Máis información, hoxe en Praza.gal.
O rei inaugura o curso universitario cun acto oficial na Universidade da Coruña. Mentres, no exterior, unha mobilización convocada pola plataforma soberanista Vía Galega rexeitou a presenza de Filipe VI baixo o lema Galiza non ten rei. (Imaxes da Casa Real e Vía Galega)
A Xunta advirte de que mantén "ata novo aviso" a prohibición de queimas agrícolas e forestais "pola variabilidade das previsións meteorolóxicas" aínda que hoxe finalice oficialmente a temporada de alto risco de incendios.
O pleno da Coruña aproba modificacións orzamentarias por case 3 millóns de euros para, entre outros ámbitos, atender os pagamentos pendentes da renda social. O acordo tivo o apoio de todos os grupos municipais agás o PP, que se abstivo.
GCiencia, o portal de xornalismo e ciencia en galego, gaña un dos premios máis prestixiosos de información científica. A web recibe o Prismas 2019 por “combinar periodismo e divulgación científica desde Galicia, cunha linguaxe amena, popular e rigorosa“.