O paro sobe en 2.062 persoas en agosto en Galicia e sitúase nas 141.912 persoas inscritas nos servizos de demanda de emprego. No conxunto do Estado o desemprego aumentou en 40.428 persoas. O número de traballadores e traballadoras afiliadas á Seguridade Social descendeu en 2.862 persoas. Toda a información, esta mañá en Praza.gal
Fálase
- PublicidadePublicidade
O incendio declarado na tarde do xoves na parroquia de Parada, en Lobeira, e que afecta ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, quedou "estabilizado", despois de queimar 40 hectáreas. Outro incendio, en Ribadavia, está a afectar a 30 hectáreas de terreo e aínda permanece activo. En Cenlle, permanece "controlado" o incendio iniciado hai dous días e que arrasou 62 hectáreas.
- PublicidadePublicidade
Cristina Fernández de Kirchner sofre un intento de asasinato ante a súa vivenda. Un home, confundido entre a multitude que se manifestaba en apoio da vicepresidenta arxentina, apuntou un arma cargada contra a súa cabeza e chegou a apertar o gatillo, pero a pistola non se disparou. O agresor, de nacionalidade brasileira, foi detido e o presidente Alberto Fernández decretou que este venres, no que están previstas manifestacións de repulsa, será festivo nacional.
- PublicidadePublicidade
Un incendio declarado na tarde deste xoves na parroquia de Parada, en Lobelle, afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións de Medio Rural, van 35 hectáreas ardidas e o lume “evoluciona favorablemente cara á súa estabilización”. [Imaxe do incendio en Lobelle, de ATBRIF]
- PublicidadePublicidade
Un furacán formado no Atlántico ameaza Galicia e alerta os meteorólogos. O Centro Nacional de Furacáns dos EUA vén de confirmar a formación deste anómalo ciclón tropical que, segundo a súa traxectoria, podería afectar a Galicia a mediados de setembro ou virar máis cara ao norte. Estao contando GCiencia.
- PublicidadePublicidade
Os incendios que nos últimos días afectaron a Oímbra e Melón quedaron extinguidos esta noite, despois de queimar 96 e 76 hectáreas, respectivamente. Tamén quedou controlado o incendio que arrasou unhas 62 hectáreas en Cenlle
- PublicidadePublicidade
A Secretaría Xeral de Política Lingüística confirma que a nova serie baseada nas novelas de Tolkien, ‘O Señor dos Aneis: os aneis do poder’, poderá verse dobrada ao galego e subtitulada na nosa lingua. A serie estréase este venres, 2 de setembro, na plataforma Amazon Prime.
- PublicidadePublicidade
A candidatura do Cabo Ortegal como Xeoparque Mundial da Unesco, impulsada polos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño –que integran a Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal–, recibe o “total respaldo” do Goberno do Estado. Así o trasladou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, este martes na zona, onde sinalou que “Cabo Ortegal conta con todas as características necesarias para acadar o recoñecemento internacional”, diante dos avaliadores internacionais do proxecto. “Ortegal merece o recoñecemento da Unesco e vai contar co apoio deste Goberno para seguir facendo deste recanto de Galicia un referente do turismo verde e sostible que busca impulsar o Goberno en España, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 da Unesco”, incidiu Miñones sobre un proxecto que puxo como “exemplo de colaboración institucional”.
- PublicidadePublicidade
O Consello de Ministros aproba a nova Lei do Aborto, que inicia agora a súa tramitación parlamentaria. A nova norma mellora a xestión pública da interrupción voluntaria do embarazo, fortalece o dereito a facelo das mozas de 16 e 17 anos sen que sexa necesario contar coa autorización dos seus pais e introduce a posibilidade de acceder a baixas laborais por menstruacións dolorosas. Tamén inclúe a gratuidade dos anticonceptivos hormonais, incluída a pílula do día despois e o permiso remunerado antes do parto, dende a semana 36 do embarazo.
- PublicidadePublicidade
Morre en Compostela un bombeiro que formaba parte do dispositivo de extinción do incendio nun autobús urbano sen pasaxe en Aríns. O mozo, que estaba en prácticas e que non participaba na intervención, foi alcanzado polo vehículo.
- PublicidadePublicidade