“Todos os partidos utilizamos zonas grises da lei para financiar as campañas, e iso é moi distinto do enriquecemento ilícito”, admite Feijóo nunha entrevista en El Mundo na que tamén rexeita que Rajoy poida elixir a dedo o seu sucesor.
Fálase
Máis dun cento de persoas manifestáronse este sábado en Santiago por unha lei de identidade de xénero. Arelas (Asociación de familias de menores trans), Amizando (colectivo trans adulto) e Ultreia LGTBI convocaron a marcha co lema "Que non te enganen, a diversidade existe".
Varios lumes queiman preto de cen hectáreas en Lugo e Ourense, un deles no Xurés logo de entrar en Galicia desde Portugal.
A selección galega feminina de fútbol gaélico empata con Francia 5-13 (28) / 5-13 (28) e a masculina perde 2-11 (17) / 7-29 (50). Foi a primeira vez que un encontro se retransmite en directo pola TVG.
“Ten que ser difícil gobernar sen maiorías, eu non sei facelo”, dille Feijóo a Cifuentes, afirmación que el mesmo cualifica como “sobrada”. O galego, que consideraba que os gobernos en minoría restaban solidez á democracia, participou este sábado no congreso no que se elixiu a nova presidenta do PP de Madrid.
O Goberno di que non pechou “ningún acordo para a venda de buques militares” a Arabia Saudita, en referencia ás cinco corvetas que prevé construír Navantia, dúas delas en Ferrol.
O Igape defende agora a “racionalización actual” dos seus apoios ás firmas galegas logo de perder 80 millóns de euros en avais a 30 empresas.
Xesús Alonso Montero conclúe o seu mandato como presidente da RAG. Tras certificalo ante o Plenario vén de asumir a presidencia "interinamente" o secretario, Henrique Monteagudo, que porá en marcha "o proceso electoral" para a elección da nova executiva, que estatutariamente non pode durar "máis de tres meses", segundo informa a Academia.
O Goberno central admite agora que pode desbloquear as oposicións do ensino á marxe dos Orzamentos, ao contrario do que veu mantendo o PP nas últimas semanas. Avánzao a axencia Europa Press e recólleo Faro de Vigo
A declaración do ex-xefe de Adif imputado polo accidente de Angrois adíase do 23 de marzo ao 4 de abril, ás 10.30 horas. O xuíz acepta a petición formulada polo seu avogado por motivos médicos.