O BNG anuncia que vai "facilitar" a aprobación do orzamento da Deputación de Lugo, que o goberno do socialista Darío Campos leva ao pleno este xoves.
Fálase
O PP admite que pode perder a metade dos seus escanos no Parlament de Catalunya nas eleccións deste xoves. Actualmente ten 11. Cóntao eldiario.es
VÍDEO | "Imposible sen ti". Celta e Deportivo volven unirse nunha campaña pola concordia no derbi galego, que regresa este sábado en Riazor. É o terceiro anuncio dunha iniciativa pola que foi premiada Abanca. Nesta ocasión, os protagonistas son dúas amigas e un papagaio.
VÍDEO | Así soa o novo de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre. Vídeo do plimeiro single de Noró.
Competencia expedienta a Fenosa e Endesa por "indicios de alteración de prezos" no mercado eléctrico. A CNMC xa sancionara polo mesmo motivo a Iberdrola nun procedemento no que a eléctrica deu en ser acusada por Anticorrupción e que atinxiu a encoros galegos.
Unha moza de Vilagarcía de 19 anos denuncia que dez mozos abusaron dela na Estrada, á saída dunha discoteca. O grupo tentou baixarlle os pantalóns, pero a rapaza conseguiu fuxir. A policía mantén aberta unha investigación, pero aínda non levou a cabo ningunha detención.
O conservador Sebastián Piñera regresa á presidencia de Chile tras gañar a segunda volta das eleccións presidenciais. O empresario xa dirixiu o país de 2010 a 2014, cando xa substituíra a Michel Bachelet, que agora volve abandonar o poder por mor da limitación de mandatos.
A Mariña acolleu este sábado unha nova mobilización, desta volta en forma de caravana de vehículos, contra a supresión da súa área sanitaria aprobada hai dez días polo Goberno galego. Protestas similares veñen sucedéndose nas outras áreas de Galicia tamén suprimidas, como Monforte ou o Salnés.
Feijóo insiste en non considerar prioritario o traspaso da AP-9. Nunha entrevista na Radio Galega di que pola crise catalá este “non é o mellor momento político”. O venres o vicepresidente Rueda admitía na TVG que “o Goberno do PP decidiu que non se podían facer novas transferencias”.
Este domingo cúmprense 20 anos do asasinato a mans do seu marido de Ana Orantes, a muller que puxo rostro á violencia machista en España.