VÍDEOS A intervención dos antidisturbios para impedir o referendo catalán do 1-O, dende as cámaras da Policía. Eldiario.es publica en exclusiva as gravacións policiais da procura de urnas e das cargas contra votantes.
Fálase
PP e Ciudadanos fan valer a súa maioría na Mesa do Congreso para tombar a emenda coa que o PSOE procuraba aprobar a senda de estabilidade orzamentaria sen pasar polo Senado, ao que os populares lle outorgaron capacidade de veto nesta materia cando estaban no Goberno. PP e C's non teñen maioría no pleno do Congreso, pero si no seu órgano reitor grazas aos seus pactos de inicio de lexislatura.
Falece practicando kitesurf na Illa de Arousa Carlos Castaño, concelleiro do PSdeG en Catoira. O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, transmite as condolencias á familia e compañeiros.
Medio Rural dá por "controlado" o incendio da Fonsagrada e especifica que atinxe a unhas 26 hectáreas. Este incendio foi revelado o domingo polos bombeiros forestais que traballaban nel e Medio Rural non ofreceu datos ao respecto ata a mañá deste luns, cando especificou que na zona actuaron ata 31 brigadas e 10 helicópteros. Imaxe tomada por bombeiros forestais da Brigada de Marroxo.
Trapero, ex-xefe dos Mossos, puxo a policía catalá "á disposición" das ordes de xuíces e fiscais antes do referendo do 1-O. As cartas que acreditan ese ofrecemento publícaas este luns eldiario.es
Bombeiros forestais con base en Asturias actúan nun incendio forestal na Fonsagrada do que Medio Rural non informou polo momento. Este domingo quedou extinguido tamén outro incendio en Porto do Son que atinxiu a unhas 19 hectáreas e do que a Xunta tampouco informara por iniciativa propia, como confirma a axencia Europa Press na súa web. (Imaxe difundida pola Asociación de Traballadores das BRIF).
Manifestacións no Porto e Lisboa reivindican o dereito á vivenda e claman contra a especulación e os desafiuzamentos que, din, van ligados á proliferación de vivendas turísticas nos centros históricos de ambas cidades. A reivindicación tivo o apoio de asociacións locais e forzas políticas como o Bloco de Esquerda. Recólleo o xornal Público (Imaxe: Esquerda.net).
Veciñanza de Teo organiza este domingo unha cadea humana para rexeitar os plans da empresa Toysal para Casalonga onde, advirten, tras a negativa do Concello e da Xunta á instalación unha planta de tratamento de residuos, a compañía prevé "un vertedoiro encuberto" presentado como restauración da vella canteira. (Imaxe: Plataforma Casalonga Limpa de Residuos)
O dramaturgo e contacontos Cándido Pazó acompaña esta tarde as familias pechadas no IES de Brión para esixiren máis docentes no centro. A folga neste instituto baleirou as aulas nesta última semana, durante a cal as familias subliñan que non obtiveron resposta satisfactoria por parte da Xunta.
O PP ratifica o conselleiro Rey Varela como presidente do partido en Ferrol e candidato á alcaldía. O titular de Política Social multiplicou os seus actos como conselleiro na cidade durante o último ano. (Imaxe: PP Ferrol).