A deputada compostelá Marta González será a nova vicesecretaria de Comunicación do PP. Ocupa o cargo no novo comité de dirección do novo presidente dos populares, Pablo Casado, que prescinde do galego José Manuel Barreiro como portavoz no Senado.
Fálase
EPA | O paro quedou en 175.000 persoas en Galicia no segundo trimestre do ano. Son unhas 11.500 menos que no primeiro trimestre e 26.500 menos que hai un ano. O emprego ascende ata as 1,08 millóns de persoas ocupadas, unhas 25.000 máis que no trimestre previo e arredor de 44.000 por riba que doce meses antes. Máis información, hoxe en Praza.gal
Rachan as negociacións entre Casado e Sáenz de Santamaría para a asignación de postos na nova dirección do partido. Está a contalo eldiario.es
O Galícia de Bahia brasileiro e o Pontevedra CF asinan un convenio de colaboración neste Día Nacional de Galicia. O histórico club da emigración galega no Brasil e a entidade granate colaborarán na formación de técnicos e na captación de xogadores.
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, lembra as vítimas de Angrois, do terrorismo, da violencia de xénero e de “calquera outra forma de violencia” na súa intervención como delegado real na Ofrenda ao Apóstolo.
O Tribunal de Xustiza da UE anula unha sentenza previa do seu inferior Tribunal Xeral comunitario que avalaba o 'tax lease' ou axudas fiscais ao naval. A nova sentenza [aquí pode lerse un resumo do propio tribunal] ordena devolver o asunto ao tribunal previo.
VÍDEO | O Portal das Palabras da RAG celebra o 25 de xullo co voo do Alba de Groria sobre o mapa de Fontán en versión tridimensional. Xusto hoxe o histórico discurso de Castelao cumpre 70 anos. Podes descargar aquí a súa primeira edición.
Sés e Rebeliom do Inframundo, entre os protagonistas da primeira noite do Festigal, que se desenvolve dende hoxe en Santiago. O Festigal 2018 ten simbolicamente na súa programación ao rapeiro Valtónyc como "rexeitamento á involución democrática" e na defensa da liberdade de expresión.
Comeza en Angrois o acto de homenaxe ás vítimas do sinistro do Alvia acontecido nesa parroquia de Santiago hai cinco anos.
En Marea protesta mediante un escrito á Mesa do Congreso por convocar pleno o 25 de xullo e pide "que se respecte a importancia do Día Nacional de Galicia".