Unhas novas eleccións xerais situarían o PP como a forza que máis medra e o PSOE tamén gañaría escanos. Case dous millóns de votantes pasarían á abstención e a correlación de forzas entre esquerda e dereita apenas variaría, segundo a enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es
Fálase
A Mesa do Parlamento aproba só cos votos do PP o documento que ratifica o veto a actos reivindicativos nas súas instalacións e os límites a vestimentas contra o "decoro" da institución.
O Banco Central Europeo autoriza a Abanca para culminar a compra do Banco Caixa Geral, a rede española do Grupo Caixa Geral de Depósitos que lle fora adxudicada na poxa organizada polo Goberno portugués. "Esta operación corporativa permitirá sumar 7.000 millóns en volume de negocio e máis de 131.000 clientes", destaca a entidade, que vén de confirmar a autorización nun comunicado.
A Xunta esixe responsabilidades ao Goberno central polo atraso de servizos no CEGADI, o centro de discapacidade compostelán que o Goberno galego mantivo durante máis de cinco anos construído e pechado. A conselleira de Política Social reitera a petición de que o Ministerio de Sanidade asuma, como comprometera, a posta en marcha da área residencial do centro.
O Igadi conmemora o seu vixésimo oitavo aniversario analizando a política exterior dos EUA dende o 11S ata a actual guerra comercial impulsada por Trump. Farao este 10 de setembro ás 19:00 na Facultade de Ciencias Políticas da USC da man de Jared D. Larson, profesor de Relacións Internacionais da Universidade de Humboldt State, California.
Xa se pode ver o vídeo que amosa todo o que sucedeu na última edición do Resurrection Fest. Boas lembranzas de Viveiro!
7 artistas de aquí e de vangarda que vas poder coñecer grazas ao WOS. VINTE elabora unha escolma da presenza galega no WOS, festival que leva seis anos levando a Compostela as propostas máis estimulantes da música contemporánea e de vangarda. A cita deste ano, do 11 ao 15 de setembro.
A Xunta evita revelar o custo concreto da subvención para concertar prazas en cinco colexios galegos que segregan nenos e nenas. Evitou responder ao respecto ás preguntas de eldiario.es, que si responderon as restantes 16 autonomías. Os concertos con estes centros están fixados ata finais de 2023
Feijóo promete "finalizar a lexislatura" pero non aclara aínda se se presentará á reelección. "As cousas ao seu tempo", dixo nunha entrevista na Radio Galega.
O Deportivo debuta na Primeira División feminina cunha clara vitoria (3-1) sobre o Espanyol en Abegondo. Dous goles de Alba Merino e un de Peke plasmaron a superioridade das galegas.