Persoal mobilizado da CRTVG reclama no #VenresNegro66CRTVG "unha tele e unha radio ao servizo do pobo, críticas, que non atendan as presións de ningún partido político nin grupo de poder". Os traballadores piden un consello de informativos "xa" na 66ª semana de protesta.
