O instituto BDRI alerta da importante presenza de plásticos nas augas das Rías Baixas, tanto na superficie coma a máis profundidade. A entidade, que percorreu 8.000 kilómetros da costa galega nos últimos dous anos, alerta dos prexuízos que estes residuos están a provocar na fauna mariña, como tamén fixo o CEMMA
Fálase
O Goberno dos EUA anuncia unha norma para manter detidos a migrantes indocumentados de xeito indefinido. O plan permitirá manter retidas as familias inmigrantes e nenos indocumentados durante máis tempo do que establecen as regulacións actuais.
Persoal de R e das súas subcontratas concéntrase ante a sede da compañía na Agrela (A Coruña) para protestar "contra a deslocalización" e "pola defensa dos postos de traballo en Galicia". Foto: @LevanmeDeGaliza
A Fiscalía italiana ordena a incautación inmediata do Open Arms e o desembarco dos rescatados no porto de Lampedusa.
O que arde (Oliver Laxe) é unha das 46 candidatas para os Premios do Cine Europeo, cuxos gañadores se coñecerán en decembro. O filme, premiado en Cannes, chegará ás salas o 11 de outubro
DOCUMENTO | Unidas Podemos envía unha nova proposta ao PSOE para retomar as negociacións para un goberno de coalición. Sánchez ten ata o 23 de setembro para conseguir os apoios que eviten novas eleccións.
Os concellos de Teo, Santiago e Arzúa lembraron na tarde deste luns, como cada ano, o asasinato de Ánxel Casal, alcalde de Compostela, o 19 de agosto de 1936 en Cacheiras (Teo).
A canle de divulgación científica en galego 'O Son das Ideas' vén de publicar un novo vídeo, no que explican por que moitos investigadores lanzan habitualmente raios láser á Lúa dende a Terra
A escritora lucense Marta Rivera de la Cruz deixa o escano de Ciudadanos pola Coruña para ser conselleira de Cultura da Comunidad de Madrid. Tras proclamarse marxinada en Galicia por escribir en castelán e propoñer que se rodase aquí a serie Xogo de Tronos, De la Cruz entrou no Congreso en 2016 por Madrid e nas pasadas xerais obtivo escano pola Coruña.
Os camioneiros de mercadorías perigosas de Portugal suspenden a folga que mantiña desabastecidas as gasolineiras desde hai unha semana. Advirten da posibilidade de retomala deixando de traballar nas fins de semana, festivos e horas extra, un dos seus focos de conflito coa patronal, que agora retoma as negociacións con eles.