A escritora lucense Marta Rivera de la Cruz deixa o escano de Ciudadanos pola Coruña para ser conselleira de Cultura da Comunidad de Madrid. Tras proclamarse marxinada en Galicia por escribir en castelán e propoñer que se rodase aquí a serie Xogo de Tronos, De la Cruz entrou no Congreso en 2016 por Madrid e nas pasadas xerais obtivo escano pola Coruña.
Fálase
Os camioneiros de mercadorías perigosas de Portugal suspenden a folga que mantiña desabastecidas as gasolineiras desde hai unha semana. Advirten da posibilidade de retomala deixando de traballar nas fins de semana, festivos e horas extra, un dos seus focos de conflito coa patronal, que agora retoma as negociacións con eles.
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)
Persoal mobilizado da CRTVG celebra o #VenresNegro65CRTVG "esixindo respostas" e "agardando" polas medidas que reclaman desde que comezaran coas protestas contra a manipulación e polo cumprimento da lei de medios hai máis dun ano.
O Sindicato dos Motoristas de Matérias Perigosas anuncia que mantén a folga de transportes en Portugal que deixou sen combustible as gasolineras do país. Esta noite o Sindicato Independente de Mercadorias anunciou que regresa ao traballo e o Goberno pídelle ao outro impulsor do paro que faga o mesmo para poder retomar as negociacións.
Un novo desprendemento na praia das Catedrais reabre o debate sobre a seguridade nos areais, un ano despois da morte dunha turista pola caída dunhas rochas
A Universidade de Santiago, entre as 600 primeiras, é a mellor colocada das galegas na clasificación mundial de Shanghai deste 2019, tras empeorar a respecto de 2018, cando estaba entre as 500 primeiras. A de Vigo tamén cae ao pasar de estar entre as 600 primeiras o pasado ano ás 700 deste ano. A da Coruña non aparece na clasificación, que só ten en conta as mil primeiras universidades do mundo.
Un tribunal permite a entrada do Open Arms en augas italianas. O buque toma rumbo a Lampedusa. "É moi probable que pidamos desembarcar antes do agardado", di Óscar Camps, presidente da ONG.
A TAP anuncia voos Lisboa-Santiago para o próximo ano tras suprimir o pasado outubro as conexións coa Coruña e Vigo. A aeroliña de bandeira portuguesa tamén converte en diario o voo Porto-Nova York e amplía a seis conexións diarias o Porto-Madrid.
A Axencia Tributaria perdoou no BOE deste martes as débedas pendentes inferiores a 3 euros. O Tribunal Superior vén de censurar que a Xunta retirase unha axuda de 5.000 euros a unha autónoma porque tiña unha débeda de 5,88 euros que a propia administración lle imposibilitaba pagar.