A Axencia Tributaria perdoou no BOE deste martes as débedas pendentes inferiores a 3 euros. O Tribunal Superior vén de censurar que a Xunta retirase unha axuda de 5.000 euros a unha autónoma porque tiña unha débeda de 5,88 euros que a propia administración lle imposibilitaba pagar.
Fálase
Os paros parciais cos que CGT reclama un aumento de persoal en Renfe volven este mércores 14 de agosto. Como na primeira xornada de folga, o 31 de xullo, e nas seguintes previstas para o 30 de agosto e o 1 de setembro, os paros serán entre as 12 e as 16 horas e entre as 20 e as 24 horas.
As contratas de R retoman as protestas contra a deslocalización de servizos e empregos fóra de Galicia. Convocan seis xornadas de folga os días os días 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de agosto nas que ademais levarán a cabo concentracións ante as sedes da empresa na Coruña.
O Open Arms pide asilo urxente na embaixada de España en Malta para 31 menores rescatados en alta mar, lembrando que cumpren as condicións para ser recoñecidos como refuxiados. A ONG alerta de que "cada día que pasa é máis difícil" a situación no barco e denuncia o "silencio" dos gobernos europeos.
A Oficina do Censo Electoral inicia os trámites para estar preparada no caso de que a investidura de Pedro Sánchez volva fracasar e haxa novas eleccións xerais o 10 de novembro.
O peronista Alberto Fernández vence con claridade nas eleccións primarias da Arxentina fronte ao actual presidente, Mauricio Macri. O resultado destes comicios convérteo en gran favorito para as presidenciais do outono.
O PSOE gañaría seis escanos e o PP, case vinte no caso dunhas novas eleccións xerais, tras as que Pedro Sánchez seguiría precisando pactos para a investidura. É o que indica unha enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)
O Ministerio de Defensa ordena a Hércules de Armamento desaloxar a fábrica de armas da Coruña por non pagar o canon da concesión, entre outras irregularidades. Recólleo Radio Coruña. A Universidade da Coruña aposta por impulsar o parque tecnolóxico Cidade das TIC neste complexo.
O pleno de Santiago aproba os orzamentos de 2019, promovidos polo goberno de Sánchez Bugallo sinalando que teñen un carácter "técnico" para atender materias urxentes. O proxecto saíu adiante cos votos a prol do PSdeG e a abstención de PP e BNG. Compostela Aberta, que observa o resultado como froito dunha "gran coalición" na cidade, votou en contra.