O peronista Alberto Fernández vence con claridade nas eleccións primarias da Arxentina fronte ao actual presidente, Mauricio Macri. O resultado destes comicios convérteo en gran favorito para as presidenciais do outono.
Fálase
O PSOE gañaría seis escanos e o PP, case vinte no caso dunhas novas eleccións xerais, tras as que Pedro Sánchez seguiría precisando pactos para a investidura. É o que indica unha enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)
O Ministerio de Defensa ordena a Hércules de Armamento desaloxar a fábrica de armas da Coruña por non pagar o canon da concesión, entre outras irregularidades. Recólleo Radio Coruña. A Universidade da Coruña aposta por impulsar o parque tecnolóxico Cidade das TIC neste complexo.
O pleno de Santiago aproba os orzamentos de 2019, promovidos polo goberno de Sánchez Bugallo sinalando que teñen un carácter "técnico" para atender materias urxentes. O proxecto saíu adiante cos votos a prol do PSdeG e a abstención de PP e BNG. Compostela Aberta, que observa o resultado como froito dunha "gran coalición" na cidade, votou en contra.
Sánchez apraza a “finais de agosto ou principios de setembro” a reunión con Unidas Podemos para buscar un acordo. Se o 23 de setembro aínda non se produciu a investidura, automaticamente quedarían convocadas novas eleccións xerais para o 10 de novembro.
O Sergas retruca á alcaldesa de Barreiros que a infancia da vila está "perfectamente atendida" malia non cubrir as vacacións da pediatra. A rexedora advertiu por carta ao conselleiro Almuíña dos riscos de ficar sen esta doutora xusto no mes en que o municipio triplica a súa poboación.
Unha nova folga de transportistas de materias perigosas a partir do luns en Portugal ameaza con volver colapsar as gasolineiras fronteirizas. O desabastecemento provocado na anterior incrementou aínda máis o xa tradicional uso das gasolineiras galegas por parte dos portugueses polo menor custo do combustible.
O BOE publica o listado de persoas de orixe española que morreron nos campos de concentración nazis de Mauthausen e Gusen. Entre estes nomes figuran os de máis dun cento de galegos. Calcúlase que en torno a douscentos galegos foron prisioneiros dos nazis. Podes consultar aquí todos os nomes de galegos incluídos na listaxe
CCOO e UGT reúnense con Sánchez e ínstano a negociar xa con Unidas Podemos e superar as desconfianzas mutuas. Os líderes dos sindicatos trasladan ao socialista que unha repetición electoral sería “unha irresponsabilidade”.