O PSOE gañaría seis escanos e o PP, case vinte no caso dunhas novas eleccións xerais, tras as que Pedro Sánchez seguiría precisando pactos para a investidura. É o que indica unha enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es

O PSOE gañaría seis escanos e o PP, case vinte no caso dunhas novas eleccións xerais, tras as que Pedro Sánchez seguiría precisando pactos para a investidura. É o que indica unha enquisa de Celeste-Tel para eldiario.es
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)
O Ministerio de Defensa ordena a Hércules de Armamento desaloxar a fábrica de armas da Coruña por non pagar o canon da concesión, entre outras irregularidades. Recólleo Radio Coruña. A Universidade da Coruña aposta por impulsar o parque tecnolóxico Cidade das TIC neste complexo.
O pleno de Santiago aproba os orzamentos de 2019, promovidos polo goberno de Sánchez Bugallo sinalando que teñen un carácter "técnico" para atender materias urxentes. O proxecto saíu adiante cos votos a prol do PSdeG e a abstención de PP e BNG. Compostela Aberta, que observa o resultado como froito dunha "gran coalición" na cidade, votou en contra.
Sánchez apraza a “finais de agosto ou principios de setembro” a reunión con Unidas Podemos para buscar un acordo. Se o 23 de setembro aínda non se produciu a investidura, automaticamente quedarían convocadas novas eleccións xerais para o 10 de novembro.
O Sergas retruca á alcaldesa de Barreiros que a infancia da vila está "perfectamente atendida" malia non cubrir as vacacións da pediatra. A rexedora advertiu por carta ao conselleiro Almuíña dos riscos de ficar sen esta doutora xusto no mes en que o municipio triplica a súa poboación.
Unha nova folga de transportistas de materias perigosas a partir do luns en Portugal ameaza con volver colapsar as gasolineiras fronteirizas. O desabastecemento provocado na anterior incrementou aínda máis o xa tradicional uso das gasolineiras galegas por parte dos portugueses polo menor custo do combustible.
O BOE publica o listado de persoas de orixe española que morreron nos campos de concentración nazis de Mauthausen e Gusen. Entre estes nomes figuran os de máis dun cento de galegos. Calcúlase que en torno a douscentos galegos foron prisioneiros dos nazis. Podes consultar aquí todos os nomes de galegos incluídos na listaxe
CCOO e UGT reúnense con Sánchez e ínstano a negociar xa con Unidas Podemos e superar as desconfianzas mutuas. Os líderes dos sindicatos trasladan ao socialista que unha repetición electoral sería “unha irresponsabilidade”.
A Xunta publicita campos de voluntariado en Islandia cunha imaxe de Noruega. O Goberno galego divulga na súa web a apertura do prazo para as inscricións cunha fotografía tirada dun banco de imaxes de internet que realmente se corresponde coas illas Lofoten, en Noruega, como se pode comprobar tanto na súa web oficial de turismo como nunha busca rápida en internet.