As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)
Fálase
Persoal mobilizado da CRTVG celebra o #VenresNegro65CRTVG "esixindo respostas" e "agardando" polas medidas que reclaman desde que comezaran coas protestas contra a manipulación e polo cumprimento da lei de medios hai máis dun ano.
O Sindicato dos Motoristas de Matérias Perigosas anuncia que mantén a folga de transportes en Portugal que deixou sen combustible as gasolineras do país. Esta noite o Sindicato Independente de Mercadorias anunciou que regresa ao traballo e o Goberno pídelle ao outro impulsor do paro que faga o mesmo para poder retomar as negociacións.
Un novo desprendemento na praia das Catedrais reabre o debate sobre a seguridade nos areais, un ano despois da morte dunha turista pola caída dunhas rochas
A Universidade de Santiago, entre as 600 primeiras, é a mellor colocada das galegas na clasificación mundial de Shanghai deste 2019, tras empeorar a respecto de 2018, cando estaba entre as 500 primeiras. A de Vigo tamén cae ao pasar de estar entre as 600 primeiras o pasado ano ás 700 deste ano. A da Coruña non aparece na clasificación, que só ten en conta as mil primeiras universidades do mundo.
Un tribunal permite a entrada do Open Arms en augas italianas. O buque toma rumbo a Lampedusa. "É moi probable que pidamos desembarcar antes do agardado", di Óscar Camps, presidente da ONG.
A TAP anuncia voos Lisboa-Santiago para o próximo ano tras suprimir o pasado outubro as conexións coa Coruña e Vigo. A aeroliña de bandeira portuguesa tamén converte en diario o voo Porto-Nova York e amplía a seis conexións diarias o Porto-Madrid.
A Axencia Tributaria perdoou no BOE deste martes as débedas pendentes inferiores a 3 euros. O Tribunal Superior vén de censurar que a Xunta retirase unha axuda de 5.000 euros a unha autónoma porque tiña unha débeda de 5,88 euros que a propia administración lle imposibilitaba pagar.
Os paros parciais cos que CGT reclama un aumento de persoal en Renfe volven este mércores 14 de agosto. Como na primeira xornada de folga, o 31 de xullo, e nas seguintes previstas para o 30 de agosto e o 1 de setembro, os paros serán entre as 12 e as 16 horas e entre as 20 e as 24 horas.
As contratas de R retoman as protestas contra a deslocalización de servizos e empregos fóra de Galicia. Convocan seis xornadas de folga os días os días 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de agosto nas que ademais levarán a cabo concentracións ante as sedes da empresa na Coruña.