O Goberno dos EUA anuncia unha norma para manter detidos a migrantes indocumentados de xeito indefinido. O plan permitirá manter retidas as familias inmigrantes e nenos indocumentados durante máis tempo do que establecen as regulacións actuais.
Fálase
Persoal de R e das súas subcontratas concéntrase ante a sede da compañía na Agrela (A Coruña) para protestar "contra a deslocalización" e "pola defensa dos postos de traballo en Galicia". Foto: @LevanmeDeGaliza
A Fiscalía italiana ordena a incautación inmediata do Open Arms e o desembarco dos rescatados no porto de Lampedusa.
O que arde (Oliver Laxe) é unha das 46 candidatas para os Premios do Cine Europeo, cuxos gañadores se coñecerán en decembro. O filme, premiado en Cannes, chegará ás salas o 11 de outubro
DOCUMENTO | Unidas Podemos envía unha nova proposta ao PSOE para retomar as negociacións para un goberno de coalición. Sánchez ten ata o 23 de setembro para conseguir os apoios que eviten novas eleccións.
Os concellos de Teo, Santiago e Arzúa lembraron na tarde deste luns, como cada ano, o asasinato de Ánxel Casal, alcalde de Compostela, o 19 de agosto de 1936 en Cacheiras (Teo).
A canle de divulgación científica en galego 'O Son das Ideas' vén de publicar un novo vídeo, no que explican por que moitos investigadores lanzan habitualmente raios láser á Lúa dende a Terra
A escritora lucense Marta Rivera de la Cruz deixa o escano de Ciudadanos pola Coruña para ser conselleira de Cultura da Comunidad de Madrid. Tras proclamarse marxinada en Galicia por escribir en castelán e propoñer que se rodase aquí a serie Xogo de Tronos, De la Cruz entrou no Congreso en 2016 por Madrid e nas pasadas xerais obtivo escano pola Coruña.
Os camioneiros de mercadorías perigosas de Portugal suspenden a folga que mantiña desabastecidas as gasolineiras desde hai unha semana. Advirten da posibilidade de retomala deixando de traballar nas fins de semana, festivos e horas extra, un dos seus focos de conflito coa patronal, que agora retoma as negociacións con eles.
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)