A Asociación Cultural Avelino Díaz e os alcaldes de Riotorto e Meira promoven a candidatura deste poeta para o Día das Letras por terceiro ano consecutivo. "Un Día das Letras permitiría dispoñer dos medios necesarios para localizar os 851 poemas inéditos de Avelino, así como a súa inxente produción xornalística", destacan.
