A Xunta deixa de renovar automaticamente a partir deste 1 de xaneiro o trámite trimestral para seguir cobrando a prestación por desemprego. En marzo o Goberno galego deixou en suspenso polo coronavirus a obriga de renovar cada tres meses as demandas de emprego, trámite necesario para cobrar a prestación. A Xunta di que avisará por SMS e correo electrónico ás persoas afectadas e ofrecerá vías de tramitación a distancia para que non teñan que facelo presencialmente nas oficinas de emprego.
Fálase
A veciñanza de Muras felicita o ano novo lembrando a súa unidade fronte ás pandemia. No vídeo, publicado polo Concello, os voceiros municipais de todos os partidos, que tamén participan, ceden o protagonismo á veciñanza.
O día de Aninovo Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal, pero deixamos moito para ler e o sábado 2 estamos de volta. Feliz 2021 e saúde!
O Vaticano accede a prorrogar o Ano Santo ao 2022 por mor da pandemia. Así o vén de anunciar o Nuncio do Papa tras a apertura da Porta Santa da Catedral de Santiago. Esta prórroga fóra reiteradamente solicitada pola Xunta e atopara reticencias no Arcebispado de Santiago.
A apertura da Porta Santa dá inicio ao Ano Santo Compostelán 2021, un Xacobeo que a Xunta afronta cos macroeventos vetados pola pandemia e pregando á Igrexa que o prorrogue.
España e Reino Unico chegan a un "principio de acordo" de última hora sobre Gibraltar que permite levantar a reixa que separa o peñón de La Línea de la Concepción.
4gotas, empresa galega de servizos meteorolóxicos, anuncia que "baixa a persiana" no final deste 2020 logo de sete anos e medio de traballo.
Vinte cancións para os últimos vinte anos. VINTE pediu a 20 mulleres e 20 homes do mundo do xornalismo e a difusión musical unha escolma dos temas máis senlleiros das últimas dúas décadas. Velaquí o resultado
O ministro de Sanidade, Salvador Illa será o candidato do PSC ás eleccións catalás do 14 de febreiro. Adiántao La Vanguardia.
O Boletín Oficial do Estado publica a nova lei educativa, a LOMLOE, tras a súa aprobación definitiva polo Congreso e o Senado. (Imaxe: CC BY-SA Xunta)