O Boletín Oficial do Estado publica a nova lei educativa, a LOMLOE, tras a súa aprobación definitiva polo Congreso e o Senado. (Imaxe: CC BY-SA Xunta)
Fálase
A Xunta publica no DOG o reparto das axudas a "empresas xornalísticas e de radiodifusión" correspondente a 2020, dotadas con 1,8 millóns de euros, e mais o resultado da convocatoria para "empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego", ás que o Goberno galego dedica 197.921,90€.
Aprobada definitivamente a legalización do aborto na Arxentina, culminando unha histórica mobilización do movemento feminista a prol do dereito á interrupción voluntaria do embarazo. Nesta web recóllese parte da loita que desemboca na aprobación da lei. (Imaxe: @PorAbortoLegal)
- HEMEROTECA | Máis información sobre o dereito ao aborto
A Xunta permite saltar os peches perimetrais en Noitevella e Aninovo para encontros familiares, como xa fixera en Noiteboa. Nomeadamente, dende as cero horas do día 30 ata as 23 do día 1. Na noite do 31, o toque de recollida esténdese á 1:30. Volve pedir que as festas desas datas sexan celebradas "só entre conviventes" aínda que segue permitindo dúas unidades familiares como máximo. Ampliamos a información neste espazo
'Nós', elixida palabra do ano 2020 no certame que convoca o Portal das Palabras da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. (Imaxe: Portal das Palabras)
Pfizer adía a mañá por motivos loxísticos a entrega a varios Estados, entre eles España, da remesa de vacinas da COVID-19 previstas para hoxe. Será, daquela, o martes cando chegue a Galicia esa partida cunhas 18.000 doses que irán o mércores, como as primeiras (na imaxe), ás residencias de maiores. As doses chegan dende as instalacións da farmacéutica en Puurs (Bélxica) (Foto: CC BY-SA David Cabezón / Xunta)
O colectivo Defensa do Común volve mobilizarse para esixir a devolución da Casa Cornide ao Concello da Coruña. Foto: BNG A Coruña.
Unha anciá de 96 anos dunha residencia de Guadalajara, primeira vacinada en España contra a COVID. A residente de maior idade, Araceli, e a traballadora máis nova do centro son as primeiras persoas no Estado en recibir a vacina no inicio da campaña. Galicia inicia tamén este domingo a vacinación e o Sergas xa conta coas doses que subministrará axiña. Máis información, esta mañá en Praza.gal.
As primeiras doses da vacina contra a COVID están xa en España, segundo informa o Ministerio de Sanidade. A vacinación comeza esta fin de semana no Estado e iniciarase en Galicia nunha residencia de Compostela.
Galicia rexistra 170 propostas de sanción durante os controis de Noiteboa polas restricións do coronavirus. A Delegación do Goberno destaca o "alto grao de cumprimento e responsabilidade" dos galegos.