Galicia rexistra 170 propostas de sanción durante os controis de Noiteboa polas restricións do coronavirus. A Delegación do Goberno destaca o "alto grao de cumprimento e responsabilidade" dos galegos.
Fálase
🎄Durante o Día de Nadal, Praza non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o sábado, día 26, estamos de volta. Boas festas!
A UE e o Reino Unido chegan a un acordo sobre o Brexit, un pacto comercial e económico que permite unha separación ordenada a partir do 1 de xaneiro e a cooperación en materia xudicial, científica e educativa, entre outros ámbitos. Pódese seguir en directo a rolda de prensa na que Ursula von der Leyden, presidenta da Comisión Europea, e o negociador xefe británico explican o contido do acordo. Imaxe: UE
Magín Blanco e un grupo de alumnos e alumnas do CEIP Sabarís de Baiona gravan a canción “Ponte...Nas Ondas!", que celebra o 25 aniversario desta iniciativa cultural e pedagóxica que tece redes entre centros de ensino galegos e portugueses a través da radio e de accións de defensa do patrimonio inmaterial
Persoal da TVG mobilizado na plataforma Defende a Galega critica que a canle pública afirme no Telexornal que a nova lei educativa, aprobada onte definitivamente no Senado, "suprime" a educación especial ou as repeticións de curso malia non corresponderse coa realidade. O colectivo lamenta tamén o xeito en que a Galega aborda a situación dos idiomas oficiais na nova norma, dando a entender que o castelán tamén é "suprimido".
A actriz Beatriz Serén protagoniza o vídeo producido polo Concello de Lugo no que representantes de diversos ámbitos, institucións e entidades sociais, culturais e deportivas da cidade animan a cidadanía, especialmente á mocidade, a seguiren as medidas de seguridade para evitar contaxios da COVID-19 no Nadal do 2020. A montaxe conta coa colaboración do director Andrés Goteira.
Galicia contará con máis de 18.000 doses da vacina de Pfizer e BioNTech contra a COVID-19 para comezar a campaña de inmunización, confirma o Sergas. Segundo o previsto, a primeira poboación destinataria da vacina serán residentes en centros para maiores. Concretamente, Sanidade comezará a vacinar con 500 doses para unha residencia de Santiago o domingo, 27 de decembro, primeiro día contemplado para a vacinación en toda a UE. O groso da primeira partida chegará o luns. As doses están a ser distribuídas por toda a UE.
O Senado aproba definitivamente a nova lei de educación (LOMLOE) cunha ampla maioría, que rexeitou todas as emendas presentadas pola oposición, encabezada por PP, VOX e Ciudadanos.
A Fundación Rosalía de Castro advirte de que unha empresa "está a utilizar" o seu nome sen permiso para "vender un libro de elevado custo" a concellos e "algúns particulares". A entidade subliña que "non ten nada que ver coa comercialización deste produto", estuda accións legais polo que considera unha "estratexia comercial fraudulenta" e pide contactar con ela a quen poida ter coñecemento dos feitos.
Xa están publicadas no Diario Oficial de Galicia as mudanzas no mapa de restricións da Xunta pola COVID-19, as recomendacións para o Nadal e mais a actualización dos territorios afectados pola obriga de inscrición no rexistro de viaxe ao chegar a Galicia. As novas disposicións foron publicadas nunha edición extraordinaria do DOG que pode consultarse aquí.